O BNG pedirá en Pleno a retirada da reforma laboral por debilitar máis as persoas traballadoras
Del Río: "A reforma laboral será un lastre para a reactivación económica de Betanzos"
Betanzos, 21 de marzo de 2012. O Grupo Municipal do BNG reclamará no vindeiro Pleno ordinario que se retire a reforma laboral aprobada polo PP desde o Goberno central. "A reforma laboral será un lastre para a reactivación económica de Betanzos", indicou o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, que considera que as medidas do PP traerán máis crise, pola mingua da capacidade de consumo e máis paro.
Os nacionalistas solicitarán en Pleno o rexeitamento da Corporación municipal á reforma e a súa derrogación. Tamén proporán acometer unha mellora das relacións laborais que protexa as persoas traballadoras fronte á precariedade laboral que inclúa estímulos reais para a xeración de emprego de xeito inmediato, mediante a reactivación económica con medidas que aposten pala economía produtiva e os sectores estratéxicos galegos para saírmos da crise con xustiza social.
Esta reforma non vai crear emprego, ao igual que non o crearon as reformas do PSOE
el Río: "A reforma laboral será un lastre para a reactivación económica de Betanzos"
Betanzos, 21 de marzo de 2012. O Grupo Municipal do BNG reclamará no vindeiro Pleno ordinario que se retire a reforma laboral aprobada polo PP desde o Goberno central. "A reforma laboral será un lastre para a reactivación económica de Betanzos", indicou o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, que considera que as medidas do PP traerán máis crise, pola mingua da capacidade de consumo e máis paro.
Que a reforma laboral non creará emprego recoñecérono os ministros de Rajoy
Os nacionalistas solicitarán en Pleno o rexeitamento da Corporación municipal á reforma e a súa derrogación. Tamén proporán acometer unha mellora das relacións laborais que protexa as persoas traballadoras fronte á precariedade laboral que inclúa estímulos reais para a xeración de emprego de xeito inmediato, mediante a reactivación económica con medidas que aposten pala economía produtiva e os sectores estratéxicos galegos para saírmos da crise con xustiza social.
Esta reforma non vai crear emprego, ao igual que non o crearon as reformas do PSOE
Que suporá a reforma do PP?
O nacionalista explica que esta nova reforma acaba cos servizos públicos de emprego e outórgalle o monopolio da colocación ás empresas de traballo temporal, que son empresas con ánimo de lucro e que se van beneficiar na intermediación laboral. Isto supón a substitución da iniciativa pública pola privada no eido da colocación e intermediación laboral, afirma.
A reforma supón máis precariedade, máis desemprego e empobrecemento para as maiorías sociais
Tamén aluden desde o BNG aos cambios producidos en clave de flexibilidade interna (clasificación profesional, mobilidade funcional, mobilidade xeográfica, modificación substancial das condicións de traballo e suspensión do contrato de traballo); aos cambios na extinción do contrato de traballo (ERE sen autorización administrativa limitando o poder de negociación dos traballadores durante o período de consultas e despedimentos disciplinarios máis baratos, porque agora hai que pagar 33 días de salario ao ano en vez de 45); e aos cambios na negociación colectiva e no poder de negociación dos propios traballadores coas cláusulas de descolgue, provocando unha individualización nas condicións de traballo de modo que traballadores de distintas empresas do mesmo sector terán condicións laborais diferentes e peores.