O BNG demandou no Pleno a limpeza e amaño de camiños en Bravío, Vista Alegre e San Xiao

Vanesa Rey demandou o amaño á maior brevidade da ponte de Tabaques, que ten as zapatas desprazadas e numerosos desperfectos; a falta de sinalización en Barallobre e a carencia de arquetas nalgunhas zonas da estrada

O BNG demandou no Pleno a limpeza e amaño de camiños en Bravío, Vista Alegre e San Xiao

Betanzos, 13 de xuño de 2024.- O BNG demandou no Pleno a limpeza e amaño de camiños en Bravío, Vista Alegre e San Xiao. O malestar da veciñanza de Bravío polo "esquecemento" en que os ten o goberno local do PSOE foi levado á sesión plenaria pola concelleira nacionalista Vanesa Rey, que demandou o amaño á maior brevidade "da ponte de Tabaques, que ten as zapatas desprazadas e numerosos desperfectos; a falta de sinalización en Barallobre; a carencia de arquetas nalgunhas zonas da estrada, etc."

No mesmo sentido, reclamou a mellora e mantemento dos camiños da Marrona, "que foi limpado até Cal de Loureiros aínda cumpriría seguir por debaixo do túnel até o camiño do Regueiro", indicou. Na mesma parroquia, pero na bacía do Mandeo, demandou a reparación do camiño que parte dos Ánxeles e vai para San Xiao.

Exixencia ante Fomento para limpar a N-651 en Vista Alegre

Ademais, a concelleira do BNG trasladou o malestar da veciñanza de Vista Alegre pola presenza dos restos de broza nas beirarrúas logo de que Fomento acometese a limpeza das beiravías. "Isto complica aínda máis a circulación dos peóns na calzada que sube da Madalena cara A Angustia", advertiu Vanesa Rey.

Por este motivo, desde o BNG exixiron ao goberno local do PSOE que demande ao Ministerio a limpeza completa da vía, incluíndo os restos que depositaron nas beirarrúas.

O BNG demandou no Pleno a limpeza e amaño de camiños en Bravío, Vista Alegre e San Xiao