“TRAS O PERÍODO DE PRÉSTAMO, RECOLLERÍANSE, DESINFECTARÍANSE NOVAMENTE E VOLVERÍANSE POÑER NA BIBLIOTECA A DISPOR DE CALQUERA OUTRA PERSOA CON TODAS AS GARANTÍAS SANITARIAS”

Propoñemos que a biblioteca municipal abra cun servizo de préstamo a domicilio

cole2
Imaxe de arquivo dunha xuntanza coa ANPA

“Tras o período de préstamo, recolleríanse, desinfectaríanse novamente e volveríanse poñer na biblioteca a dispor de calquera outra persoa con todas as garantías sanitarias”

As nacionalistas propoñen, ademais, que o Concello distribúa nos domicilios de escolares en risco ou situacións de exclusión social lotes de material escolar (folios, cadernos, pinturas en distintos formatos) para poder sobrelevar a situación de confinamento e realizar tanto tarefas escolares como de lecer creativo.

Betanzos, 1 de maio de 2020. O BNG presentou una nova batería de propostas ao goberno local para facer fronte á situación xerada polo coronavirus. As nacionalistas propuxeron que a biblioteca municipal se adapte a estes tempos cun servizo de préstamo a domicilio. “Sería recoller as peticións da veciñanza nun formulario online, preparar os libros e facelos chegar ás casas debidamente desinfectados”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“Tras o período de préstamo, recolleríanse, desinfectaríanse novamente e volveríanse poñer na biblioteca a dispor de calquera outra persoa con todas as garantías sanitarias”, engade. Destacan que é un servizo modesto, pero que pode facer moito máis levadeira esta tempada á veciñanza.  “Nomeadamente ás persoas que están soas, porque nos libros a vida non para”, abunda o edil nacionalista.

Material escolar para alumnado en risco de exclusión social

As nacionalistas propoñen, ademais, que o Concello distribúa nos domicilios de escolares en risco ou situacións de exclusión social lotes de material escolar (folios, cadernos, pinturas en distintos formatos) para poder sobrelevar a situación de confinamento e realizar tanto tarefas escolares como de lecer creativo.

 “Non é todo seguir un curso académico online, trátase de que practiquen as súas habilidades e desenvolvan a súa creatividade sen impedimento tamén neste tempo”, abunda o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Do mesmo xeito, as nacionalistas propoñen que se habiliten vías de comunicación coas ANPAS e familias para dotar de material didáctico on line a través da web do concello ás familias e crianzas. “Falamos moitas veces de poñer en valor o patrimonio e a historia de Betanzos entre os escolares, e esta é unha opción doada, alternativa e diferente” engaden.

Propoñemos que a biblioteca municipal abra cun servizo de préstamo a domicilio