Pedimos na comisión do PXOM que éste ordene tamén a zona histórica
“Hai que preservar a fisonomía tradicional da Cañota, coa proteción integral das Hortas- cos seus valos de chantos, canles e fisonomía tradicional- polo seu valor paisaxístico e impedir a construción que estrague esta zona”
As nacionalistas propoñen recualificar a casa contigua á Casa Consistorial para ampliar as dependencias do Concello e devolver as oficinas municipais ao Casco Histórico.
“Hai que preservar a fisonomía tradicional da Cañota, coa proteción integral das Hortas- cos seus valos de chantos, canles e fisonomía tradicional- polo seu valor paisaxístico e impedir a construción que estrague esta zona”
As nacionalistas propoñen recualificar a casa contigua á Casa Consistorial para ampliar as dependencias do Concello e devolver as oficinas municipais ao Casco Histórico.
Betanzos, 11 de xuño de 2018. O BNG propoñerá hoxe na comisión de seguimento do PXOM que o novo Plan Xeral entre a regular o desenvolvemento do Casco Histórico. “No anterior PXOM, e foi un dos motivos polos que votamos en contra, toda a referencia ao Casco Histórico era remitirse a un posterior plan especial, que podía redactarse ou non”, lembra o voceiro do BNG, Henrique del Río. “Nós cremos que o trazo groso do tratamento ao Casco Histórico e aos outros barrios históricos ten que sentarse no Plan Xeral, sen agardar por outras normas que poden tardar anos en aprobarse”, indica.
Para o nacionalista “o patrimonio é o que fai diferente a Betanzos, e nese sentido ten que ser prioritario no modelo de desenvolvemento que se proxecte no Plan Xeral”. Recorda que a construción en torno á Eira Vella, desfigurándoa, e na Cañota pechando definitivamente a cidade histórica ao Mandeo eran dous elementos previstos polo goberno local cos que o BNG non estaba de acordo. “Hai que preservar a fisonomía tradicional da Cañota, coa proteción integral das Hortas- cos seus valos de chantos, canles e fisonomía tradicional- polo seu valor paisaxístico e impedir a construción, mantendo os actuais usos agrarios ou recualificando como zona verde para garantir a apertura da cidade histórica á veiga do Mandeo e a conservación dos valores paisaxísticos, culturais e ambientais” indica.
Propoñemos recualificar a casa contigua á Casa Consistorial para ampliar as dependencias do Concello e devolver as oficinas municipais ao Casco Histórico
Neste sentido, desde o BNG entenden igualmente que “a aldea de Caraña de Abaixo debe manter o seu carácter e fisonomía, polo que se debe garantir que non se constrúe na Calexa de Caraña o previsto no anterior PXOM”. A proteción deste entorno, a dicir das nacionalistas, pasa por “garantir o aspecto tradicional da Eira Vella, sen demoler o seu lado oposto á ponte” e se acaso “recualificar o solar da Casa de Lousada para emprazar o centro sociocultural do barrio na que ten que seguir a ser praza do barrio” en lugar de transformalo nun cruzamento dos novos viais para servir ás urbanizacións que o PSOE proxectaba na Calexa de Caraña.
Recualificar no Casco Histórico para garantir servizos que lle dean vida
O BNG bota en falta a existencia dun centro sociocultural no Casco Histórico e neste sentido avoga por utilizar o Plan Xeral para reservar unha parcela para estes usos. As nacionalistas propuxeron varias veces a Casa Gótica para este cometido, cubrindo a dobre finalidade de recuperala e cubrir esta carencia.
Neste mesmo sentido, propoñen recualificar a casa contigua á Casa Consistorial para ampliar as dependencias do Concello e devolver as oficinas municipais ao Casco Histórico. “Se cremos que o Casco Histórico é a locomotora que ten que tirar do progreso de Betanzos, o Concello ten que ser o primeiro en facer esta aposta”, indica Del Río.