“UN ANO É TEMPO MÁIS QUE SUFICIENTE PARA FACER UNS PREGOS SEN TACHA E CONVOCAR UN CONCURSO PÚBLICO CON TODAS AS DA LEI, CALQUERA GOBERNO RESPONSÁBEL APROVEITARÍA TODO ESTE TEMPO PARA FACER UN CONCURSO COA MÁXIMA TRANSPARENCIA E GARANTÍAS LEGAIS, PARA EVITAR PRECISAMENTE ESTARMOS COMO AGORA ESTAMOS”
Lamentamos a “inseguridade” que está a provocar o goberno local no servizo de axuda no fogar
“Exiximos ao goberno local que actúe con responsabilidade, que se tome en serio o asunto, que deixe de ir tarde, mal e a rastro e deixe de improvisar porque está xogando co benestar da veciñanza”
“Un ano é tempo máis que suficiente para facer uns pregos sen tacha e convocar un concurso público con todas as da lei, calquera goberno responsábel aproveitaría todo este tempo para facer un concurso coa máxima transparencia e garantías legais, para evitar precisamente estarmos como agora estamos”
“Exiximos ao goberno local que actúe con responsabilidade, que se tome en serio o asunto, que deixe de ir tarde, mal e a rastro e deixe de improvisar porque está xogando co benestar da veciñanza”
“Un ano é tempo máis que suficiente para facer uns pregos sen tacha e convocar un concurso público con todas as da lei, calquera goberno responsábel aproveitaría todo este tempo para facer un concurso coa máxima transparencia e garantías legais, para evitar precisamente estarmos como agora estamos”
Betanzos, 10 de outubro de 2019. O BNG lamentou a “inseguridade” que está a provocar o goberno local no servizo de axuda no fogar (SAF). “Seleccionaron de palabra e contrataron a dedo á empresa que agora está encargándose do servizo de maneira temporal e semella que o novo contrato vai para longo”, explica o voceiro do BNG, Henrique del Río, tras coñecer a paralización da licitación para contratar unha nova empresa para xestionar o SAF por parte do goberno local.
“Están creando inseguridade na xente por facer as cousas mal”, advirte. “Non nos parece normal ter ás usuarias do SAF nesta situación de precariedade” reproba. “Tampouco nos parece que o mellor sexa manter ás traballadoras nesta situación de interinidade, sen a seguridade sequera de cando van cambiar á nova empresa ou de canto tempo van estar así, provisionalmente, en mans da actual”, relata.
As nacionalistas recordan que a inacción do goberno local durante anos é o que desembocou na actual situación do SAF, tras anos de queixas de usuarias, familias e auxiliares de axuda a domicilio. “Facer as cousas mal crea inseguridade na xente, nas traballadoras” advirte Del Rio. “Exiximos ao goberno local que actúe con responsabilidade, que se tome en serio o asunto, que deixe de ir tarde, mal e a rastro e deixe de improvisar porque está xogando co benestar da veciñanza” engade o portavoz do BNG.
O edil nacionalista recorda que pasou máis dun ano entre que a alcaldesa anunciou que non prorrogaría o contrato até que Tu Mayor Amigo deixou de prestar o servizo. “Un ano é tempo máis que suficiente para facer uns pregos sen tacha e convocar un concurso público con todas as da lei, calquera goberno responsábel aproveitaría todo este tempo para facer un concurso coa máxima transparencia e garantías legais, para evitar precisamente estarmos como agora estamos”, explica.
“E agora temos unha empresa contratada a dedo seleccionada verbalmente e un concurso paralizado porque os pregos tiñan pegas, non se pode ter á veciñanza nesta situación de inseguridade”, censura. “Unha inseguridade que en boa medida ven de negarse o PSOE á xestión directa do servizo, que evitaría todos estes problemas e os que nos últimos anos viñemos denunciando” conclúe.