Emendamos os orzamentos da Xunta para que haxa fondos para intervir no Pasatempo
“Supoñemos que o acordo no Parlamento significa que van aceptar esta emenda para acometer os traballos que anuncian e outros de urxencia que o parque precisa, porque nos orzamentos do PP non hai fondos para isto”.
“Semella que por fin, a raíz de forzar o acordo no Parlamento a pasada semana, as cousas comezan a moverse tras dous anos de goberno local e Xunta pasándose a pelota sen actuar”
“Supoñemos que o acordo no Parlamento significa que van aceptar esta emenda para acometer os traballos que anuncian e outros de urxencia que o parque precisa, porque nos orzamentos do PP non hai fondos para isto”.
“Semella que por fin, a raíz de forzar o acordo no Parlamento a pasada semana, as cousas comezan a moverse tras dous anos de goberno local e Xunta pasándose a pelota sen actuar”
Betanzos 10 de novembro de 2018. O BNG alegrouse do anuncio da Xunta de actuar para evitar o derrubo da illa do Estanque do Retiro, despois da presión do grupo nacionalista. “Celebramos que por fin a Xunta asuma un compromiso en firme sobre o Pasatempo a raíz do acordo aprobado a pasada semana no Pleno do Parlamento e empecen a poñer por escrito que van facer”, celebra o voceiro do BNG, Henrique del Río.
O nacionalista recorda que “nos orzamentos da Xunta para 2019 non se prevé un só euro para actuar no Pasatempo, como non se prevía tampouco no de 2018”. O ano pasado o PP votou en contra dunha emenda das nacionalistas para destinar 750 000 euros á rehabilitación do parque enciclopédico. “Agardamos que este ano, á vista do acordo que alcanzamos no Parlamento a pasada semana o PP non volva votar en contra da nosa emenda para poñer cartos para esta actuación”, explica Del Río. “Supoñemos que o acordo no Parlamento significa que a van aceptar para acometer estes traballos que anuncian e outros de urxencia que o parque precisa, porque nos orzamentos do PP non hai fondos para isto”, engade.
“Semella que por fin, a raíz de forzar o acordo no Parlamento a pasada semana, as cousas comezan a moverse tras dous anos de goberno local e Xunta pasándose a pelota sen actuar”, engadiu. “O BNG fixo o que estaba da súa man xa en marzo, ao aprobar os cartos desde a Deputación, semella que agora, aínda que tarde, o resto comeza a se mover tamén”, celebra.
“Celebramos que Patrimonio vaia actuar, segundo anuncian hoxe a través dos medios de comunicación”, explicou o voceiro do BNG. “O goberno local ten que contratar xa o proxecto, non pode seguir tratando de gañar tempo sen cumprir coas súas obrigas, ten que estar á altura dunha cidade como Betanzos”, insiste. “Porque a día de hoxe segue sen haber ningún procedemento de contratación aberto para ter ese proxecto o Concello”, explica.
“Sempre dixemos que a coordinación do Concello con Deputación e Xunta é o que pode poñerlle solución á situación do parque” explica o edil nacionalista, “e que a competencia entre os diferentes grupos, nomeadamente o PSOE no Concello e o PP na Xunta, non era o camiño, e demóstrase na situación que o parque ten e nunha lexislatura para o Pasatempo” explica. “Cremos que a coordinación das tres administracións é clave para o futuro do parque e, como defendimos sempre, hai que implicar á veciñanza para garantir o porvir do patrimonio, porque non se apreza o que se descoñece”, explica.