TAMÉN PEDIRÁ AO PLENO APOIO AOS TRABALLADORES DE BETANZOS HB

O BNG traslada ao Pleno as demandas da Plataforma de Vítimas do Alvia

Henrique del Río é o voceiro do BNG

“Á marxe das investigacións xudiciais e as responsabilidades penais que poidan derivarse delas, as vítimas sempre reivindicaron a apertura dunha Comisión de Investigación Parlamentaria para depurar as responsabilidades políticas e nun exercicio de responsabilidade é necesario dar o noso apoio a esta iniciativa, situarnos do seu lado dándolles o noso apoio expreso”

O BNG traslada ao Pleno as demandas da Plataforma de Vítimas do Alvia

“Á marxe das investigacións xudiciais e as responsabilidades penais que poidan derivarse delas, as vítimas sempre reivindicaron a apertura dunha Comisión de Investigación Parlamentaria para depurar as responsabilidades políticas e nun exercicio de responsabilidade é necesario dar o noso apoio a esta iniciativa, situarnos do seu lado dándolles o noso apoio expreso”

Betanzos, 29 de agosto de 2016. O BNG trasladará ao Pleno as demandas da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155. Esta entidade ven loitando por esclarecer as circunstancias nas que se produciu o desgraciado accidente do tren Alvia 04155 con destino a Santiago de Compostela o 24 de xullo de 2013, un accidente no que morreron 81 persoas e resultaron feridas outras 145.

As nacionalistas demandarán, a pedimento da propia plataforma, que o Concello dea respaldo expreso á entidade e que reciba á Plataforma de Vítimas do Alvia 04155, para coñecer as súas demandas e reivindicacións. “Un suceso tan grave non pode nin debe quedar no esquecemento das institucións públicas e dos responsábeis políticos” explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, tras se entrevistar con integrantes da plataforma.

Neste sentido, desde o BNG apoian a demanda da plataforma de reclamar unha verdadeira investigación para determinar o acontecido en Angrois e a apertura dunha omisión de investigación en sé parlamentaria para establecer posibles responsabilidades políticas. “Son dúas liñas de traballo nas que o BNG leva anos da man da plataforma” recorda Del Río, que inicide en que precisamente foi a raíz do traballo da voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, que a Comisión fixo público o informe sobre o accidente denunciando a falta de imparcialidade da investigación desenvolvida polo Estado español.

“Á marxe das investigacións xudiciais e as responsabilidades penais que poidan derivarse delas, as vítimas sempre reivindicaron a apertura dunha Comisión de Investigación Parlamentaria para depurar as responsabilidades políticas e nun exercicio de responsabilidade é necesario dar o noso apoio a esta iniciativa, situarnos do seu lado dándolles o noso apoio expreso” explican as nacionalistas, que se fan eco da denuncia pola falta de sensibilidade das autoridades españolas cPlataforma de Vítimas do Alvia 04155 denunciou en reiteradas ocasións a falta de sensibilidade das autoridades españolas cara a plataforma de vítimas e o desamparo ao que son sometidas.

Apoio aos traballadores de Betanzos HB

O BNG pedirá igualmente que o Pleno apoie aos traballadores de Betanzos HB, a antiga Tafiber, diante do novo convenio colectivo que quere impoñer a dirección da planta tras rexistrar beneficios o pasado ano. “En paralelo, a dirección da empresa aprobou unha suba dos seus salarios dos 49000 aos 90 000 euros anuais así coma subidas de entre 200€ e 1000€ mensuais a persoal de oficina e administrativo” explican as nacionalistas, que recordan que a factoría percibiu numerosas axudas públicas.

O BNG traslada ao Pleno as demandas da Plataforma de Vítimas do Alvia