O BNG propón bolsas para o conservatorio municipal
Amelia Sánchez solicitou a creación e dotación dunha liña de bolsas para estudos no Conservatorio Municipal Carlos López García-Pico
As nacionalistas pedirán tamén a elaboración dunha app, de roteiros e dunha mostra para divulgar o conxunto da obra do arquitecto para a posta en valor da obra González Villar
Betanzos, 26 de xullo de 2021.- O BNG proporá no Pleno a creación e dotación dunha liña de bolsas para estudos no conservatorio municipal. As nacionalistas seguirán a solicitar medidas que axuden a veciñanza a superar as consecuencias que a crise da Covid está a deixar. Nesta liña, pedirán unha liña de bolsas para estudos no Conservatorio Municipal Carlos López García-Picos, coa contía suficiente e de acordo con criterios progresivos de distribución para as mesmas, así como a creación dun banco de libros para uso do alumnado da escola de música.
Segundo Sánchez, “no BNG consideramos que o Concello debera facer un esforzo para poñer ao alcance de todas as familias este servizo por medio dunha liña de axudas que evite a exclusión das persoas con menos recursos dunha programación formativa complementar para as súas filias e fillos”.
Posta en valor da obra de González Villar
O BNG presentará na sesión plenaria do próximo martes unha iniciativa que pretende poñer en valor e dar a coñecer a obra do arquitecto Rafael González Villar. En palabras da voceira nacionalista, Amelia Sánchez, “a obra deste arquitecto desenvólvese en diferentes etapas ao longo de comezos do século XX e deixa unha forte pegada na nosa cidade”. Obra de González Villar son o mobiliario da Porta da Vila, a Fábrica da Luz, a Casa Núñez, as escolas de San Francisco ou a Casa do Pobo.
A proposta do BNG leva consigo a creación dun roteiro sobre o autor, a creación dunha campaña de divulgación, dunha mostra sobre a súa obra ou dunha app.