Regueira solicitará á Xunta que autorice o uso inmediato dos 600.000 euros para actuar no Pasatempo

Del Río e Regueira nunha xuntanza con Amigos do Pasatempo
Del Río e Regueira nunha xuntanza con Amigos do Pasatempo

"A situación é de extrema urxencia", advirte o responsábel de Plans, Turismo e Patrimonio.

Regueira solicitará á Xunta que autorice o uso inmediato dos 600.000 euros para actuar no Pasatempo

"A situación é de extrema urxencia", advirte o responsábel de Plans, Turismo e Patrimonio.

A Coruña, 8 de novembro de 2018. A Deputación da Coruña solicitará á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que lle permita o uso inmediato dos fondos consignados para a rehabilitación do Pasatempo de Betanzos debido á urxencia de reparacións que poden conducir a un empeoramento da situación do parque. O deputado de Plans, Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira,  solicita á Dirección Xeral de Patrimonio que permita o a utilización inmediata do orzamento para solventar as urxencias do Pasatempo de Betanzos da dotación económica aprobada no pleno do mes de marzo pola que se destina 598.998,40 euros á rehabilitación do parque.

"A situación é de extrema urxencia e se non actuamos con rapidez os desperfectos serán maiores diante do temor de que se produzan novos desprendimentos se non se toman as medidas necesarias para a súa conversación", sinala Xosé Regueira que quere que o orzamento aprobado pola Deputación da Coruña poda ser empregado de maneira inmediata, para o que demanda os permisos pertinentes de Patrimonio que tería tamén "que actuar co carácter extraordinario da situación e axilizar o consentimento para poder evitar riscos maiores". Solicita, desta maneira, asesoramento técnico de Patrimonio para detectar as urxencias para actuar como medidas cautelares de prevención, á espera do proxecto final.