Reclamamos no Pleno a contratación do proxecto de rehabilitación do Parque do Pasatempo

Visita ao Pasatempo do deputado provincial de Turismo e Patrimonio
Visita ao Pasatempo do deputado provincial de Turismo e Patrimonio

“A Deputación ven de aprobar un convenio de 600 000 euros co Concello para rehabilitar o Pasatempo. Segundo el, o Concello ten que correr co proxecto, que ten que estar aprobado para poder desenvolvelo, por importe de 150 000 euros para a súa contratación”

“O goberno local ten que abandonar a pasividade e de verdade actuar para garantir a conservación do Parque. Non entendemos que teñan mais presa en contratar o amaño da pasarela que o proxecto de conservación do propio Parque”

Reclamamos no Pleno a contratación do proxecto de rehabilitación do Parque do Pasatempo

“A Deputación ven de aprobar un convenio de 600 000 euros co Concello para rehabilitar o Pasatempo. Segundo el, o Concello ten que correr co proxecto, que ten que estar aprobado para poder desenvolvelo, por importe de 150 000 euros para a súa contratación”

“O goberno local ten que abandonar a pasividade e de verdade actuar para garantir a conservación do Parque. Non entendemos que teñan mais presa en contratar o amaño da pasarela que o proxecto de conservación do propio Parque”

Betanzos, 6 de abril de 2018. O BNG reclamou no Pleno a contratación do proxecto de rehabilitación do Parque do Pasatempo. “A Deputación ven de aprobar un convenio de 600 000 euros co Concello para rehabilitar o Pasatempo. Segundo el, o Concello ten que correr co proxecto, que ten que estar aprobado para poder desenvolvelo, por importe de 150 000 euros para a súa contratación”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río.

“Mais o goberno non sacou a contratación este proxecto pese a que o convenio leva tempo tramitándose e descoñecemos as causas deste retraso na contratación do proxecto que van ter como consecuencia o retraso das obras tan necesarias para garantir cando menos a continuidade do parque e as actuacións máis urxentes no mesmo”, engadiu o portavoz do BNG.

“Segundo a información que temos o goberno o único documento que ten elaborado é unha memoria que o pasado ano afirmou que era un proxecto pero que chegado o momento de solicitar cartos para a súa execución tivo que recoñecer que só se trata dunha memoria”, explicou o portavoz nacionalista. “O goberno local ten que abandonar a pasividade e de verdade actuar para garantir a conservación do Parque. Non entendemos que teñan mais presa en contratar o amaño da pasarela que o proxecto de conservación do propio Parque”, criticou o portavoz do BNG.

O BNG insistiu en reclamar o compromiso da Xunta

Dende o BNG volveron a reclamar á Xunta que interveña na conservación do Pasatempo e recordaron ao Partido Popular que agora que se iniciou o trámite para a declaración BIC e polo tanto mentres non remate debe ser considerado como tal, é o momento de que a Xunta actúe.

“A competencia sobre o Patrimonio é da Xunta de Galiza, e aínda que é certo que o concello é o propietario do Parque e é o primeiro que ten que garantir a súa conservación non é menos certo que a Xunta ten a obriga de velar polo estado do patrimonio de todos os galegos e galegas e polo tanto non pode seguir mirando cara a outro lado e dando largas neste tema”, concluíu Del Río.