BNG denuncia as mentiras do goberno municipal sobre a construción do vial de Infesta

Visita de Néstor Rego a Infesta o pasado mes de xaneiro
Visita de Néstor Rego a Infesta o pasado mes de xaneiro

O MITMA afirma que non existe proxecto de trazado nin de construción redactado correspondente ao vial de Infesta, ente a A-6 e a N-VI, en resposta a iniciativa presentada polo deputado do BNG no Congreso Néstor Rego

A organización nacionalista reclama ao goberno municipal que escoite a veciñanza afectada polo proxecto

BNG denuncia as mentiras do goberno municipal sobre a construción do vial de Infesta

Betanzos, 16 de febreiro de 2022.- O BNG trasladou a súa sorpresa diante da resposta de Fomento na que afirma que non existe proxecto de trazado nin de construción redactado correspondente ao vial de Infesta, ente a A-6 e a N-VI. “En resposta a iniciativa presentada polo deputado do BNG no Congreso Néstor Rego a resposta é moi clara, non existe ningún proxecto redactado sobre este vial. Resulta sorprendente que o goberno local insistira en que era unha esixencia do Ministerio que se recollera este vial cando agora o Ministerio deixa claro que non existe nin proxecto de trazado nin de construción para o mesmo”, explicou Amelia Sánchez, portavoz do BNG de Betanzos. 

“Descoñecemos de onde sae esa proposta de trazado que ten unha forte afectación ás casas e á veciñanza de Infesta, pero se non é do Ministerio como deixa claro a súa resposta, ten que ser do goberno local do PSOE. Pensamos que é inadmisíbel mentirlle á veciñanza para xustificarse en lugar de asumir que ese trazado foi un erro e rectificalo”, engadiu a voceira nacionalista. 

O BNG lembrou que a pesar do compromiso da alcaldesa de pedir que o equipo redactor suprimira de inmediato este trazado e de que ao Pleno de xaneiro foi unha modificación do PXOM aprobado inicialmente para engadir as demandas de telecomunicacións, este punto non se modificou na proposta que achegou en xaneiro o goberno local. Os nacionalistas insistiron de novo en demandar transparencia ao goberno local no proxecto de aprobación do Plan Xeral, despois de comprobar como se intenta ocultar información aos veciños e veciñas e mesmo se lles minte como no caso do trazado deste vial. 

BNG denuncia as mentiras do goberno municipal sobre a construción do vial de Infesta