O PSOE cambia caras, non politicas. O BNG quere cambiar políticas e caras

Fronte a un PSOE que esgotou proxecto, que leva anos sen saber que facer e que ten Betanzos paralizado hai que apostar por unha alternativa clara. O BNG ten un proxecto claro sobre a mesa e defendeuno todo este tempo: meter Betanzos no século XXI, afrontar os desafíos pendentes desde hai décadas, liderar a nosa comarca e apostar polo propio para crear riqueza para as veciñas. Mudar as caras, pero tamén as políticas.
 
O PSOE cambia caras, non politicas. O BNG quere cambiar políticas e caras

Que todo cambie para que todo siga igual. A máxima do Gatopardo é o que acaba de aplicar o PSOE no seu relevo na Alcaldía. Cambiar as caras, pero manter as mesmas políticas que viñeron facendo até o de agora. Privatizacións, gastos prescindíbeis en festas, propaganda e cousas que nada nos aportan á veciñanza e racanear en investimentos e servizos que usamos a cotío as veciñas. Así segue deteriorándose o servizo de axuda no fogar ou así segue sen todo o persoal necesario a escola infantil municipal, por exemplo.

E manter, tamén, un goberno de costas á xente, preocupado tan só de se manter no poder ao prezo que custe. Priorizando outros intereses diante do interese xeral, como a instalación dunha gasolineira a carón da Condesa amosa. Fronte ao sentido común de retirar estas instalacións do centro das vilas e cidades, o goberno local pretende que Betanzos vaia no sentido contrario e autoriza outra pegada a un dos barrios máis poboados da cidade e na zona- o Carregal- onde pretende que medre a cidade. Fronte a reforzar e conservar o patrimonio histórico como oportunidade de desenvolvemento ecómico, alegando contra o ámbito de protección do Pasatempo que chega, precisamente, até o Camiño Real de Infesta que arrica na Condesa, a carón desta gasolineira. Condenando á circunvalación a ser, a medio prazo, un polígono industrial e impedindo que mude de aspecto para facer do Pasatempo o elemento vertebrador e protagonista dese entorno canda o Lavadoiro das Cascas ou o Convento de Donas.

E antepoñendo os intereses da empresa promotora- do alcalde de Oza- aos intereses xerais de Betanzos, que non pasan por instalar esta gasolineira a carón da Condesa contribuíndo a complicar máis a circulación e seguridade viaria nese entorno nin a comprometer a calidade ambiental e a seguridade do barrio da Condesa.
Decisións todas elas, tomadas de costas á veciñanza, sen informala lealmente como un goberno que se debe á veciñanza debera facer. Cambian as caras, non as formas nin as prioridades. Máis do mesmo dos últimos 30 anos.