Xa está na rúa o último número do noso boletín!
O boletín está a chegar nestes días a todas as casas do concello co punto de vista do BNG sobre a actualidade municipal.
Betanzos, 15 de outubro de 2013. Xa está chegar a todas as casas do concello o último número do noso boletín informativo, onde poderás coñecer de primeira man as propostas do BNG diante da amnistía fiscal para os locais hostaleiros do Campo ou o conflicto que afecta ao servizo privatizado de bombeiros.
Ademais, achegamos unha pequena análise de como foi executado o orzamento do ano pasado e como repercuten as baixas sen cubrir nos servizos municipais. Tamén achegamos as nosas propostas para crear emprego na localidade, analizamos a taxa do lixo e o servizo que realmente se empresta e mais propoñemos solucións aos fallos do transporte metropolitano.