“O TEMPLETE DA PARTE BAIXA DO PARQUE, UNHA ZONA FRECUENTADA POR FAMILIAS CON CRIANZAS, TEN PEDRAS SOLTAS, PEZAS DESPRENDIDAS, FERRALLAS AO AIRE”

Insistimos no Pleno en que se reparen o templete e o auditorio da parte nova do Pasatempo

Detalle da escalinata de acceso ao templete da parte nova do Pasatempo
Detalle da escalinata de acceso ao templete da parte nova do Pasatempo
“Semella que no goberno local non son conscientes de que segundo pasa o tempo estes danos van a máis e vai custarnos a todas máis a súa reparación”
Insistimos no Pleno en que se reparen o templete e o auditorio da parte nova do Pasatempo

“O templete da parte baixa do parque, unha zona frecuentada por familias con crianzas, ten pedras soltas, pezas desprendidas, ferrallas ao aire”

“Semella que no goberno local non son conscientes de que segundo pasa o tempo estes danos van a máis e vai custarnos a todas máis a súa reparación”

Betanzos, 4 de outubro de 2019. O BNG demandou novamente no Pleno que se reparen diversas deficiencias na zona nova do Pasatempo. “O templete da parte baixa do parque, unha zona frecuentada por familias con crianzas, ten pedras soltas, pezas desprendidas, ferrallas ao aire”, relata Henrique del Río, portavoz nacionalista.

A lista de desperfectos continúa coas ferrallas ao aire nas escaleiras do auditorio descuberto, e coa suciedade e desperfectos nos aseos do auditorio, entre outros. Por este motivo, demandan ao goberno local que solucione, por seguridade, todas estas cuestións.

As nacionalistas recordan que “en agosto do ano 2017 trasladamos esta cuestión ao Pleno, e ao mes seguinte respondéronnos desde o goberno local que `en breve´ poñerían fin a estas situacións”.

Del Río remarca que “van dous anos e a cousa non só non mellorou se non que empeorou coa falta do tempo” e urxe ao goberno local a actuar canto antes. “Semella que non son conscientes de que segundo pasa o tempo estes danos van a máis e vai custarnos a todas máis a súa reparación”, lamenta.

Insistimos no Pleno en que se reparen o templete e o auditorio da parte nova do Pasatempo