Henrique del Río: Pídovos o voto ao BNG para cambiar o mundo empezando por Betanzos

Un instante do acto de peche
Henrique del Río: Pídovos o voto ao BNG para cambiar o mundo empezando por Betanzos

O candidato do BNG avogou por “facer un esforzo de investimento nas políticas de benestar para as maiorías sociais”.

Betanzos, 20 de maio de 2011. O BNG pechou a campaña electoral na praza de Antolín Faraldo, a carón da Ponte Vella. O candidato nacionalista á Alcaldía de Betanzos, Henrique del Río, ironizou co lema de fin de campaña do PSOE para pedir “un apoio masivo ao BNG” para “cambiar o mundo empezando por Betanzos”. O nacionalista situou ao BNG como “a única alternativa ás políticas de dereitas que practican PP e PSOE”.

"Non abonda con indignarse, hai que actuar, hai que votar ao BNG!"

Del Río afirmou que “hai que investir nos servizos públicos apostando polo sector público fronte ás privatizacións, sobre todo en tempos de crise” para que “non paguen as consecuencias da crise as maiorías sociais que non a provocaron”. “O compromiso do BNG é poñer os recursos do Concello ao servizo dos veciños e veciñas”, reiterou o candidato nacionalista

O candidato do BNG asegurou na súa intervención que “os gobernos non se poden cruzar de brazos diante da crise porque iso non é ser neutral” e avogou por “facer un esforzo de investimento nas políticas de benestar para as maiorías sociais”.

Henrique del Río pediu “un voto maioritario ao BNG” porque “non abonda coa indignación, a indignación é un paso pero hai que facer máis, hai que rebelarse, hai que actuar e hai que tomar partido”.

 

Henrique del Río: Pídovos o voto ao BNG para cambiar o mundo empezando por Betanzos