O BNG traslada aos funcionarios do Concello as súas propostas en materia de persoal
"O Plan de emprego do PSOE colisiona cos principios legais de acceso á función pública e provisión de vacantes na Administración Pública.
Betanzos, 18 de xuño de 2012. O BNG mantivo esta mañá unha reunión de traballo cos representantes dos funcionarios do Concello para presentar as súas propostas en materia de persoal para os orzamentos. Os edís nacionalistas explicaron aos sindicalistas que o goberno do PSOE propón levar adiante un plan de emprego que elimina postos de traballo para para substituílos por outros cubertos co mesmo persoal que os postos eliminados. Este proceder colisiona cos principios legais de acceso á función pública e provisión de vacantes na Administración Pública, indica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
O nacionalista abundou no feito de que "cubrir as prazas deste modo e non por concurso, como exixe a lexislación, impide que poidan optar a unha destas prazas calquera funcionario que reúna os requisitos e queira optar a ela". Por este motivo, asegurou que os plans do goberno local do PSOE "impiden levar adiante unha mínima carreira profesional no seo da administración municipal".
A través deste plan de emprego, o goberno do PSOE pretende levar adiante unha amortización de prazas, que se ben é certo que neste momento están vacantes, polo que nos manifestou o propio goberno local e que ten reflexo no Capítulo 2 da súa proposta de orzamento teñen pensado contratar este servizo (limpeza viaria e xardinaría) á empresa privada, advirte o voceiro nacionalista.
O BNG, en coherencia coa postura que sempre manifestamos sobre este tema, está en contra de que se privaticen os servizos públicos e polo tanto non podemos apoiar este punto, asegura. Non se pode criticar a privatización de servizos que fai a Xunta do PP e ao mismo tempo promovela alí onde se goberna, indicou o voceiro nacionalista aos representantes dos traballadores municipais.