O BNG reclama participación veciñal como condición para a negociación do orzamento
Esta mesma demanda foi trasladada ao goberno do PSOE en 2012 e polo que se ve nin daquela nin entón o PSOE está polo labor de escoitar á veciñanza.
Betanzos, 19 de maio de 2014. O portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, anunciou que estamos estudando a proposta de orzamentos que o goberno local do PSOE nos achegou o pasado 16 de maio. Segundo o edil nacionalista xa é moi mal comezo empezar a falar dos orzamentos rematando maio, cando tiñan que estar aprobados o 1 de xaneiro.
O voceiro do BNG recordou que Betanzos leva sen orzamento desde 2012 porque o goberno do PSOE decidiu pasar por alto as súas obrigas. Neste sentido, lembrou igualmente que as contas do 2012 recibiron ducias de alegacións e requiriron de deceas de modificativos porque non se axustaban nin de casualidade á realidade.
Haberá moito que mirar e falar indicou o edil nacionalista, mais advertiu que elaborar os orzamentos de xeito participativo é un compromiso que o BNG adquiriu coa veciñanza e ao que non vai renunciar. Nesta liña, recordou que esta mesma demanda foi trasladada ao goberno do PSOE en 2012 e polo que se ve nin daquela nin entón o PSOE está polo labor de escoitar á veciñanza.
O orzamento participativo supónmaior transparencia do gasto público porque a veciñanza saberá en que se vai gastar e avaliará se se fixo ou non
Por este motivo, desde o BNG reclaman ao goberno local que convoque a toda a veciñanza a xuntanzas nos distintos barrios e parroquias para recoller as súas demandas. Defendemos elaborar os orzamentos de xeito participativo e imos cumprir, desde a nosa parte de responsabilidade, os nosos compromisos, indicou.
Comprometémonos a impulsar un orzamento participativo e iso é o que lle exiximos ao goberno local apuntou o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, que presente á xente o seu proxecto e que escoite as demandas da rúa. Os nacionalistas retan ao executivo local a dar voz ás veciñas e veciños para fixar as prioridades do gasto. O método escollido polo goberno do PSOE non nos parece acaído, xa que pensamos que esta dando as costas aos veciños e veciñas para antepoñer a súa comenencia electoral, recoñeceu.
Desde o BNG insisten en que o orzamento participativo supón, ademais, maior transparencia do gasto público. Os veciños saberán en que se vai gastar e avaliarán se se fixo ou non, indicou Del Río. Para os nacionalistas, a luz e taquígrafos que queren aplicar ao debate orzamentario é unha proba de que cando o BNG fala de transparencia, practica a transparencia e retan aos outros grupos a aplicarse o método.
Por agora, non imos facer unha valoración do documento porque aínda o estamos estudando, pero insistimos en que o método utilizado para a súa elaboración nos non parece o correcto, concluíron.