O BNG reclama melloras no campo do Carregal

O BNG reclama melloras no campo do Carregal

Os edís do BNG nun acto público

O BNG respalda a convocatoria contra a LOMCE prevista para mañá ás 12 nos institutos.

Betanzos, 5 de febreiro de 2013. O BNG exixiu no Pleno que se atendan as queixas dos pais e nais do alumnado das escolas de fútbol de base. Os nacionalistas, que trasladaron o malestar deste colectivo, aseguraron que “o campo do Carregal esta totalmente sen mantemento, os servizos non se limpan, o drenaxe está atascado e non se pode entrar nos vestiarios para os nenos”.

Por este motivo, desde o BNG reclamaron que o goberno local do PSOE adopte medidas para solucionar esta situación. A concelleira nacionalista María Otero, ademais, que o executivo local fixe e faga públicos os prazos concretos para acometer estas melloras.

“Isto non deixa de ser un exemplo máis da deixadez do goberno local do PSOE”, manifestou o voceiro dos nacionalistas, Henrique del Río.

Apoio á concentración estudantil contra a LOMCE

Os nacionalistas anunciaron o seu respaldo á concentración prevista para mañá, mércores 6 de febreiro, ás 12:00 h diante dos institutos públicos de Betanzos. A convocatoria, feita por Galiza Nova e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, pretende amosar o rexeitamento cidadán á LOMCE, coñecida como Lei Wert.

O BNG reclama melloras no campo do Carregal