O BNG reclama que se garanta o subministro eléctrico a todos os veciños e veciñas
Del Río: Esta situación agravaranse soa suba da enerxía eléctrica anunciada xa para xaneiro.
O BNG reclamará a creación dunha comisión de investigación para que se esclarezan os termos destas contratacións de persoal do plan de cooperación da Xunta.
Betanzos, 18 de decembro de 2013. O BNG presentou outra moción para demandar a Xunta e Concello que soliciten diante do goberno do estado os cambios lexislativos necesarios para garantir o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza e, entre tanto, adopte medidas prácticas para evitar as dramáticas consecuencias desta problemática nos fogares galegos máis desfavorecidos.
Aos recortes, ao copagamento nos servizos públicos ou á restrición no acceso a sanidade, hai que engadir a redución nas prestacións por desemprego, xunto coa futura eliminación de servizos que se prestan nos concellos, por causa da reforma local, ou as reformas que afectarán subsidios por desemprego ou as pensións explican os nacionalistas. Estas medidas agravaranse soa suba da enerxía anunciada xa para xaneiro, advierte Del Río.
Comisión de investigación das contratacións irregulares do PSOE
O BNG exixirá no Pleno que o goberno local do PSOE aclare a contratación de persoal ao abeiro do Plan de Cooperación da Xunta á marxe das bases establecidas polo goberno galego e prescindido das propias bases de contratación do Concello de Betanzos.
Os nacionalistas aseguran que a Orde da Xunta que convoca as axudas do Plan de Cooperación deixa moi claro que en ningún momento contará como criterio a experiencia laboral previa e é o que premia o goberno local coa máxima puntuación nas súas bases.
Por este motivo, o BNG reclamará a creación dunha comisión de investigación para que se esclarezan os termos destas contratacións. Del Río e Otero, edís nacionalistas, insisten en que as bases da Xunta establecen claramente que a contratación debe ir enfocada cara persoas con dificultades para acceder a un posto de traballo, como parados de longa duración ou persoas en risco de exclusión social pero nas bases aprobadas polo goberno local do PSOE non hai criterios sociais por ningún lado.
O voceiro nacionalista, Henrique del Río, considera intolerábel que nun momento como o actual, onde este tipo de contratos coa Administración son a única posibilidade de traballar para moita xente, o goberno do PSOE non dá as mesmas oportunidades a toda a veciñanza.
Desde o BNG advirten que con esta actuación lonxe de solucionar os problemas de persoal como prometeu o PSOE cando chegou, está agravándoos. É evidente que estas bases de contratación do goberno local están feitas a medida para contratar a alguén en concreto, indican.