O BNG reclama ao goberno que desconte as cotas da piscina mentres estea pechada
O BNG reclamou ao goberno local que por unha vez teña coherencia entre o que dixo e o que fai.O BNG exixiu ao goberno local do PSOE que aclare se cren que é xusto cobrar os prezos públicos por un servizo que non se vai emprestar.
Betanzos, 3 de xullo de 2012. O BNG reclamou no Pleno que o goberno local desconte as cotas da piscina municipal aos usuarios durante o tempo que permaneza pechada polas obras, que recentemente anunciou o goberno local.
Segundo o goberno local a piscina permanecerá pechada practicamente todo o mes de agosto indicou o voceiro do BNG, Henrique del Río.
O PSOE, cando estaba na oposición, apoiou esta proposta do BNG
Segundo nos ten manifestado un grupo de usuarios e usuarias da mesma, ese mes cobraranse igualmente as cotas malia non emprestarse servizos, indicaron os nacionalistas. Por este motivo, o BNG exixiu ao goberno local do PSOE que aclare se cren que é xusto cobrar os prezos públicos por un servizo que non se vai emprestar.
O PSOE apoiou esta proposta cando estaba na oposición
Os nacionalistas recordan que o pasado 22 de febreiro de 2011 o Pleno aprobou unha moción do BNG que solicitaba, entre outras cousas, que non se cobrase as cotas correspondentes a outro período de peche da piscina. Entre os grupos que apoiaron a proposta nacionalista figuraba o PSOE, actual goberno. Por este motivo o BNG reclamou ao goberno local que por unha vez teña coherencia entre o que dixo e o que fai e adopte as medidas que faga falta para cumprir ese acordo ou que aclare por que non cumpren cos acordos plenarios que apoian.