O BNG leva ao Pleno a defensa do ensino público
Del Río: Os feitos demostran que o PP non cre no ensino público nin na igualdade de oportunidades, como comprobamos en Betanzos pola falta de interese con que tratan a construción do novo colexio.
Betanzos, 16 de maio de 2012. O BNG presentará para o seu debate no próximo pleno unha moción en defensa do ensino público galego. A Educación é un dereito que os gobernos teñen a obriga de garantir asegura o voceiro do BNG, Henrique del Río, e non se pode medir con criterios de rendibilidade económica continuou. O acceso ao ensino debe ser igual para todos, independentemente da súa clase social ou do seu lugar de procedencia, só deste xeito se pode garantir a igualdade de oportunidades, engadiu o portavoz nacionalista.
O PP castigou Betanzos sen os centros escolares que precisa a poboación
O actual goberno galego veu aplicando sucesivos recortes ao ensino público e reduciu en 425 millóns os orzamentos en relación aos de 2009, o que provocou a perda de máis de 2.000 docentes, as consecuencias son a falta de dotación necesaria para facer fronte á atención á diversidade, ao reforzo educativo e ás necesidades educativas especiais e ademais a eliminación da gratuidade dos libros de texto e unha baixada na calidade do ensino xa que o goberno de Feijoo non cobre as baixas do profesorado inferiores a quince días, denuncian os nacionalistas.
O Vales Villamarín, obxecto dos experimentos do PP
O BNG denunciou tamén un novo incumprimento do goberno do PP con respecto á construción do novo colexio de educación infantil de Betanzos. Desde que a señora Faraldo ocupou a Alcaldía e paralizou á expropiación dos terreos para o novo colexio até o día de onte en que se confirma que as obras comezarán no mellor dos casos en 2013, Betanzos leva máis de cinco anos sen unhas instalacións adecuadas para dar cobertura ás necesidades educativas da poboación, denuncia Henrique del Río.
Os feitos demostran que o PP non cre no ensino público nin na igualdade de oportunidades, como comprobamos en Betanzos pola falta de interese con que tratan a construción do novo colexio, resumen desde o BNG. Os nacionalistas afirman que o incremento de alumnos por aula e a redución de persoal xa está sendo padecida pola comunidade escolar do CEIP Vales Villamarín, que xa saben o interese que ten o PP en garantir a calidade do ensino público.
O BNG apoia o acto que celebrará en Betanzos a Plataforma galega en defensa do ensino público
O BNG anuncia ademais que apoiará e anima a asistir aos veciños e veciñas ao debate que organiza a Plataforma Galega en defensa do ensino público o vindeiro luns ás 20:30 horas no edificio Liceo, xa que segundo Del Río: é moi importante que a cidadanía estea informada das consecuencias da destrución dos servizos públicos que están levando a cabo os gobernos do PP, tanto no Estado.