O BNG lamentou o "rodillo" do PP en contra do Colexio de Betanzos
Parecenos vergoñento que o Partido Popular acuda en Betanzos a concentracións pedindo dotacións orzamentarias para o novo colexio mentras en Santiago vota en contra das emendas que presentamos nese sentido.
Betanzos, 14 de febreiro de 2013. O BNG lamenta que o PP votara na comisión parlamentar sobre educación, que se celebrou hoxe, a emenda aos orzamentos presentada polos nacionalistas pedindo un millón de euros para a construcción do novo colexio de Betanzos.
Parecenos vergoñento que o Partido Popular acuda en Betanzos a concentracións pedindo dotacións orzamentarias para o novo colexio mentras en Santiago vota en contra das emendas que presentamos nese sentido, criticou o voceiro nacionalista Henrique del Río. Non entendemos para que asinan declaracións conxuntas de todos os grupos se despois non van apoiar a mesma demanda cando teñen oportunidade de facelo.
Os nacionalistas que cualificaron a actuación do PP de cando menos hipocrita consideraron que o PP está utilizando as xustas demandas veciñais para mercadear coa alcaldía de Betanzos. Ao Partido Popular non lle importan para nada as necesidades da veciñanza só sacar rendimento político a toda costa, recriminaron os nacionalistas.
O BNG vai seguir apoiando as demandas e todas as mobilizacións sociais que a comunidade escolar e a veciñanza en xeral decidan emprender por este tema.No BNG estamos polo ensino público e demostrámolo con feitos, concluíron.