O BNG da comarca “agasalla” rosarios ao PP en protesta pola refoma da lei do aborto

O BNG da comarca “agasalla” rosarios ao PP en protesta pola refoma da lei do aborto

Os edís do BNG no rexistro municipal

“Trátase dunha lei inxusta, xa que se ceba con aquelas que menos teñen e non poden pagar viaxes ao estranxeiro para abortar”.

Betanzos, 17 de xaneiro de 2014. O BNG entregou esta mañá de xeito simultáneo en todos os concellos da comarca uns rosarios, dirixidos ao PP, para amosar, dun xeito simbólico, o seu rexeitamento á reforma da lei do aborto que promoven os conservadores. “Todas as mulleres e particularmente as feministas non nos cansaremos de berrar que non queremos os seus rosarios nos nosos ovarios”, explicou Victoria Louro, responsábel comarcal de Acción Feminista do BNG, “esta é unha lei feita á medida da Conferencia Episcopal. Con esta lei o PP convertese en inimigo das mulleres e pretende negarnos o dereito a decidir nos mesmas sobre os nosos corpos”.

En Betanzos foi a concelleira María Otero a que explicou que “a Igrexa pode dicir o que queira, pero o poder civil non pode facer as leis segundo os ditados do catecismo”.

LER MÁIS...

O BNG da comarca “agasalla” rosarios ao PP en protesta pola refoma da lei do aborto