O BNG considera inadmisÃbel q o goberno local gaste cartos públicos en mentir a veciñanza

O BNG presenta unha campaña informativa para explicar a subida das taxas e impostos municipais que impulsa o goberno local do PSOE. “O PSOE fai a mesma fiscalidade que fixo o PP, de feito acordaron xuntos perdoar parte do investimento que a concesionaria ten que facer na piscina e pavillón”.
Betanzos, 28 de novembro de 2013. “É vergoñento utilizar medios públicos para tentar manipular á veciñanza dicÃndolle que non se van subir os impostos”, asegurou esta mañá o voceiro do BNG, Henrique del RÃo, na presentación da campaña informativa que os nacionalistas lanzan para explicar a subida das taxas e impostos municipais que impulsa o goberno local do PSOE. Os nacionalistas denunciaron “os eufemismos” do goberno local do PSOE para esconder a subida nas taxas da traÃda e o saneamento. “Moito ou pouco, modificar á alza unha taxa é subila”, ironizou Del RÃo. “A única taxa que baixou o PSOE foi a das terrazas do Campo en agosto, manteñen as das eléctricas e telefónicas e soben as dos servizos que usa toda a veciñanza”, resumiu.
Exactamente o mesmo que fai o PP”, engadiu. “Ninguén do goberno soubo explicar por que se están a cobrar unhas taxas de ‘conservaciónÂ’ dos contadores e acometidas da auga que non aparecen na ordenanza fiscal en vigor”, advertiu o edil nacionalista. “O recibo do servizo de augas actual reflicte o cobro de 0,50 € por mantemento de contadores e 0,46 € pola acometida, o que supón que cos 7860 abonados cobráronse 45 273,60 euros sen que, polo que parece, haxa base legal para facelo”, advirte. “E o goberno do PSOE bendice que a concesionaria cobre de máis e aÃnda pretende subir as taxas para que manteña a súa marxe de beneficios a pesar das advertencias da Intervención”, cuestionou.
“Ninguén do PSOE soubo explicar o motivo de subir as taxas de saneamento que defenden cando a Intervención asegura que a empresa non xustifica que lle vaia custar mais seguir prestando o servizo e que polo tanto non está xustificado ter que pagar máis taxas”, indica o voceiro do BNG, “e que só busca gañar máis a costa da veciñanza”. “Agora o PSOE buscará e pedirá papeis para avalar a decisión de subirlle as taxas á veciñanza que xa ten tomado”, advertiu.
Os nacionalistas tamén cuestionaron que o PSOE, co apoio do PP, acordase perdoar parte do investimento que a concesionaria ten que facer na piscina e pavillón. “Se lle perdoas parte das inversións para non subir a taxa e hai que amañar algún equipo, vai saÃr das arcas municipais”, explicou. “Ademais, acordaron subir tarifas o pasado ano para financiar investimentos nos anos seguintes que agora se desculpan”, recorda “isto só busca beneficiar a conta de resultados da empresa, non ás persoas que utilizan o complexo deportivo municipal”.
O BNG considera especialmente graves as circunstancias que rodean a suba da taxa do conservatorio. “Despois de anunciar unha taxa de 200 euros, toda a ordenanza que presentaron ao Pleno falaba de 280 euros”, recorda Del RÃo. “E ninguén soubo explicar como, con menos alumnado e nun contexto onde se recurta o salario dos empregados públicos os profesores do Conservatorio custan máis de mil euros máis que o anterior curso”, indicou. “Se fai unha extrapolación da súa xornada e honorarios, se fixeran xornadas de oito horas cobrarÃan máis que secretario, interventora ou alcalde”, asegurou. “Isto ao que se ve tampouco merece unha explicación pública”, lamentou.
“O xusto é que pague máis quen máis ten, e non cobrarlle máis a quen menos ten”, indicou o nacionalista. Neste sentido, desde o BNG lamentan que o PSOE ignorase as súas propostas de subir os tributos ás empresas eléctricas e telefónicas por utilizar as rúas para facer beneficios ou cobrar o IBI á Igrexa por todas as propiedades non incluÃdas no Concordato. “Tamén se pode subir a taxa da retirada de vehÃculos, que é unha sanción para concienciar á xente de aparcar só onde está autorizado”, indican.
“Unha mentira non terÃa sentido se a verdade non fose percibida como perigosa”, advertiu o portavoz municipal do BNG. “Para quen está gobernando o PSOE á vista de todo isto?” pregúntase. “Desde logo, con todo isto non semella que o PSOE esté mirando pola veciñanza nin axudándolle a sobrepoñerse á crise”, advirte. “Ademais de non ter un proxecto económico para respaldar un proxecto de cidade para Betanzos, ao PSOE todo lle vale con tal de manterse no poder ao prezo que sexa”, lamentou. “Fai a mesma fiscalidade que fixo o PP, renuncia a ter uns impostos progresistas e, o que é peor, minte de forma descarada á veciñanza para roubarlles a carteira”, denuncia o voceiro nacionalista. “Se tivesen dignidade, recollÃan os bártulos e Ãan para casa”, concluÃu.