BNG-Asembleas Abertas presentou a súa candidatura para gobernar Betanzos

BNG-Asembleas Abertas presentou a súa candidatura para gobernar Betanzos

ELECCIONS MUNICIPALES 2015 BNG BETANZOS

“Presentámonos para gobernar coa veciñanza, para buscar solucións entre todos aos problemas que temos en Betanzos. Fronte aos gobernos do PP e PSOE que só se preocupan da veciñanza cada catro anos nós defendemos a democracia directa, a participación para cambiar as cousas”.

Betanzos, 18 de abril de 2015. O BNG-Asembleas Abertas fixo pública a candidatura coa que se presentará ás eleccións municipais o vindeiro mes. “Estamos orgullosos de presentar unha candidatura con moitas das persoas máis activas socialmente no noso Concello”, indicou o candidato nacionalista Henrique del Río. “Presentámonos para dar unha alternativa ao PP e o PSOE, que defenden o mesmo sistema e fan as mesmas políticas como vimos estes últimos anos en Betanzos” engadiu.

Xunto con Henrique del Río, Teresa Rivera, Carlos Díaz, María Bonome, Andrés Otero e Pilar Vázquez que forman a primeira parte do grupo do BNG-Asembleas abertas, participarán na candidatura Carlos Maceiras Lagoa “Litos”, Encarna Vidal, Alberte Carballido, Branca Álvarez, Fernando Andrade, Liliana Pardo, Francisco Porto, Silvia Aguiar, Ricardo Migal, Mariña Longueira, David López e Pilar Otero. Pechan a candidatura nun posto de honra a actual concelleira, María Otero, e o que fora candidato do BNG, Andrés Otero Botana.

“Trátase dunha lista na que se integran persoas independentes e históricos militantes nacionalistas co obxectivo de cambialo todo en Betanzos desde a esquerda e o amor polo País”, explicou Del Río. “Convidamos a todas as veciñas e veciños que compartan estes ideais a unirse a nós para conseguir cambiar de libro e non de capítulo o vindeiro mes de maio”, afirmou.

“Presentamos unha lista ‘cremalleira’, co mesmo número de homes que de mulleres como símbolo da nosa aposta pola igualdade real e o noso compromiso feminista”, indicou o candidato nacionalista. “Unha candidatura renovada na que máis dun terzo das persoas que a compoñen son persoas non afiliadas ao BNG que se achegaron a nós no proceso de asembleas abertas que celebramos desde o pasado ano”, remarcou.

Entre os eixos programáticos de BNG-Asembleas Abertas figuran a remunicipalización da traída e o saneamento, a posta en valor do Casco Histórico tomando como modelo o traballo do BNG en Allariz e Pontevedra ou a eliminación da ORA para substituíla por un sistema de rotación do aparcamento gratuíta.

Presentámonos para gobernar coa veciñanza, para buscar solucións entre todos aos problemas que temos en Betanzos. Fronte aos gobernos do PP e PSOE que só se preocupan da veciñanza cada catro anos nós defendemos a democracia directa, a participación para cambiar as cousas”, asegurou Del Río. BNG-Asembleas Abertas está aínda rematando o programa de goberno en xuntanzas abertas a toda a veciñanza.

BNG-Asembleas Abertas presentou a súa candidatura para gobernar Betanzos