BNG-Asembleas Abertas presenta a súa candidatura o domingo no Liceo
Presentamos unha lista 'cremalleira', con tantas mulleres como homes, porque é unha proba do noso compromiso coa igualdade real
Remunicipalizar o complexo deportivo do Carregal, a traída e o saneamento, suprimir a ORA e crear emprego son demandas que a veciñanza nos fai a diario, que incorporamos ao nosos programa de goberno e que serán a nosa prioridade desde o goberno
Betanzos, 1 de maio de 2015. O BNG-Asembleas Abertas presentará publicamente á veciñanza a súa candidatura para as eleccións municipais este domingo día 3 ás sete do serán no Salón Azul do Edificio Arquivo ou Liceo. No acto de presentación intervirán o candidato do BNG-Asembleas abertas á alcaldía de Betanzos e mais Xabier Campos, da Executiva Nacional do BNG.
Convidamos a toda a veciñanza de Betanzos a vir coñecer ás persoas que forman parte do grupo de traballo do BNG-Asembleas Abertas e as nosas propostas para cambiar o noso concello, explicou o candidato nacionalista, Henrique del Río. Remunicipalizar o complexo deportivo do Carregal, a traída e o saneamento, suprimir a ORA e crear emprego son demandas que a veciñanza nos fai a diario, que incorporamos ao nosos programa de goberno e que serán a nosa prioridade desde o goberno, engadiu.
Temos un equipo renovado, con moitas ganas de poñer o Concello ao servizo da veciñanza e con moitas propostas recollidas das nosas veciñas e veciños para mellorar Betanzos, engadiu. Neste sentido, desde o BNG-Asembleas Abertas explican que un terzo da candidatura está composta por persoas que non son militantes do Bloque e que se animaron a participar durante o proceso de asembleas abertas. Presentamos unha lista 'cremalleira', con tantas mulleres como homes, porque é unha proba do noso compromiso coa igualdade real, explicou o candidato á Alcaldía.
Na candidatura ademais de Henrique del Río, participan Teresa Rivera, Carlos Díaz, María Bonome, Andrés Otero, Pilar Vázquez, Litos Maceiras, Encarna Vidal, Alberte Carballido, Blanca Álvarez, Fernando Andrade, Liliana Pardo, Francisco Porto, Silvia Aguiar, Ricardo Migal, María Otero, Sito Otero Botana, Mariña Longueira, David López e Pilar Otero.