O BNG amosou a súa satisfacción diante da investigación da Fiscalía da concesión do Hotel San Roque
No noso programa de goberno incluímos recuperar o uso público de todo o edificio para cederllo á Xunta e abrir alí un xeriátrico público
Betanzos, 29 de abril de 2015. O BNG-Asembleas Abertas amosou a súa satisfacción despois de coñecer a decisión da Fiscalía de abrir unha investigación sobre as irregularidades en torno á concesión do hotel e estacionamento soterrado do Complejo San Roque. Se a Fiscalía abre unha investigación é porque ve irregularidades neste asunto, asegurou o candidato nacionalista, Henrique del Río. Os nacionalistas víronse obrigados a trasladar estas irregularidades ao ministerio público despois de que o goberno local do PSOE demorase o tema durante máis de 3 meses, para acabar enviándoo despois de que xa o fixera o BNG.
No noso programa de goberno incluímos recuperar o uso público de todo o edificio para cederllo á Xunta e abrir alí un xeriátrico público
Descoñecemos se o goberno local fixo algo co acordo de recuperar o hotel que o Pleno tomou hai meses, asegurou o nacionalista. En todo caso, semella que por fin os veciños e veciñas imos poder saber que pasa coas concesións municipais en Betanzos celebran desde o BNG-Asembleas Abertas. Queda claro xa que as cousas se fixeron mal neste asunto e que vai sendo moita hora de facer as cousas ben porque se está a xogar con cartos de todas e todos, insistiu Del Río.
Abrir un xeriátrico público no edificio
Seguimos defendendo que se a concesionaria non paga, o Concello recupere para uso público o edificio explicou o candidato á alcaldía de BNG-Asembleas Abertas. No noso programa de goberno incluímos recuperar o uso público de todo o edificio para cederllo á Xunta e abrir alí un xeriátrico público engadiu Del Río. Desta forma, o edificio terá por fin unha utilidade social, cúbrese unha necesidade da veciñanza e cumprirase tamén a condición fixada polos herdeiros de Manuel Naveira cando legaron o antigo asilo ao Concello para uso asistencial ou cultural, resalta.