O BNG advirte que o PSOE pretende privatizar o servizo municipal de obras
Este acordo segue a liña de privatizar os servizos municipais que o PSOE xa fixo ao contratar o coidado das zonas verdes por seis meses hai unhas semanas.
Tamén está privatizado o cemiterio, cunha empresa que fai os enterramentos sen ningún contrato á que o PSOE paga en base a facturas mensuais, como no seu día o PSOE criticaba ao PP.
Betanzos, 2 de marzo de 2015. O BNG criticou que o goberno local iniciase os trámites para privatizar o servizo municipal de Obras na xunta de goberno do pasado 29 de xaneiro. A acta da xunta de goberno recolle que o PSOE decidiu encargar un estudo de viabilidade da contratación externa do mantemento das obras e servizos de competencia municipal?, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
Desde o BNG denuncian que o goberno do PSOE tiña parcialmente privatizado este servizo, dándolle contratos a dedo ás empresas privadas que lles petou. Insisten, ademais, en que no orzamento de 2014, que sigue en vigor, non hai cartos para este tipo de contratas porque o PSOE fixo un documento irreal.
Os nacionalistas denuncian, ademais, que antes de que o PP sacase en 2012 a normativa que impide contratar persoal aos Concellos, o PSOE xa daba contratiños a dedo ás empresas que lles petaba en lugar de cubrir baixas no servizo de obras. O PSOE segue unha liña calcada á do PP, destrúe emprego público e privatiza, explica o edil nacionalista.
Temos pedido unha relación completa de todos os traballos de obras encargados polo PSOE á empresa privada en 2014 para saber a canto ascende o custo da privatización encuberta deste servizo, explica Del Río. A lei di que o goberno local ten 5 días para darnos a documentación, que neste caso é un extracto dunha base de datos, e sen embargo seguimos agardando por ela co prazo máis que vencido, engade. Iso si, o PSOE logo alardea de transparencia e respóndelle ao Valedor do Pobo que pedimos a documentación para entorpecer o traballo que non fai, ironiza.
Este acordo segue a liña de privatizar os servizos municipais que o PSOE xa fixo ao contratar o coidado das zonas verdes por seis meses hai unhas semanas
Este acordo segue a liña de privatizar os servizos municipais que o PSOE xa fixo ao contratar o coidado das zonas verdes por seis meses hai unhas semanas, recorda o edil nacionalista. Tamén está privatizado o cemiterio, cunha empresa que fai os enterramentos sen ningún contrato á que o PSOE paga en base a facturas mensuais, como no seu día o PSOE criticaba ao PP, engade. Semella que para o PSOE as privatizacións son malas cando as fai o PP, pero son boísimas cando as fan eles, ironizou.
Ademais, segundo os nacionalistas empezar os trámites para privatizar o servizo de obras a tres meses de saír do goberno é de todo menos ético. Se en catro anos non lle levou idea facer isto, no tempo de desconto é unha indecencia pretender condicionar así ao goberno que entre en maio, advertiu o nacionalista.