O BNG achegará unha alternativa para os gatos do Casco Histórico

O BNG achegará unha alternativa para os gatos do Casco Histórico

“Entendemos que matar os animais é unha barbaridade ademais de non supoñer unha solución real ao problema”.

Betanzos, 6 de febreiro de 2013. O BNG interesouse no Pleno polo anuncio do goberno local do PSOE de que iba a eliminar arredor de 40 gatos dunha colonia urbana na rúa Nova.

“Recentemente o goberno local anunciou nos medios de comunicación que pretendía matar 40 gatos”, explicou a concelleira nacionalista María Otero, “sendo conscientes da problemática que o aumento destas poboacións supón entendemos que matar os animais é unha barbaridade ademais de non supoñer unha solución real ao problema”.

O BNG pediu ao goberno local que valorara outras opcións, como a castración, “antes de anunciar semellante despropósito”. Desde o BNG anunciaron que están traballando con diferentes entidades nunha proposta alternativa para manter controladas estas colonias e favorecer o benestar dos animais e da veciñanza. “Entendemos que os animais nunha situación controlada aportan beneficios ao pobo”, infomaron os nacionalistas.

O Pleno acordou declarar Betanzos concello amigo dos animais

O Pleno adoptou este acordo cos únicos votos do BNG e en anuncios coma este evidenciase que o goberno local non ten ningún tipo de sensibilidade nin interese na protección dos animais.

“Desde o BNG entendemos que os animais como seres vivos merecen o noso respecto e protección e anuncios coma o que fixo o goberno local parecennos unha auténtica barbaridade”, indicaron os nacionalistas, “os demais grupos do Pleno basearon a súa abstención nunha ridiculización da nosa proposta con argumentos como que se votaban a favor iban ter que pechar o matadeiro”, criticaron.

O BNG achegará unha alternativa para os gatos do Casco Histórico