O BNG achega unha proposta de alegacións á veciñanza da Magdalena

charla_informativa_gasolinera
Xuntanza coa veciñanza da Madalena

A veciñanza e o BNG emprenderán agora, seguindo a liña trazada na primeira xuntanza, unha campaña de recollida de apoios a estas alegacións para amosar o rexeitamento veciñal á instalación da gasolineira nunha das zonas de expansión de Betanzos.

O BNG achega unha proposta de alegacións á veciñanza da Magdalena

A veciñanza e o BNG emprenderán agora, seguindo a liña trazada na primeira xuntanza, unha campaña de recollida de apoios a estas alegacións para amosar o rexeitamento veciñal á instalación da gasolineira nunha das zonas de expansión de Betanzos.

Betanzos, 14 de outubro de 2011. O BNG celebrou hoxe un novo acto informativo sobre a gasolineira que se podería instalar na Magdalena. O Portavoz Municipal do BNG, Henrique del Río, presentou aos veciños unha proposta de alegacións, tal como se comprometeran os nacionalistas na anterior xuntanza veciñal. “É importante presentar moitas alegacións  para deixar claro o rexeitamento social a esta instalación” explicou o nacionalista.

A proposta de alegacións recolle o feito de que a gasolineira quedaría ubicada no centro da zona escolar e deportiva de Betanzos e a súa proximidade ao camiño real da Condomiña e a capela da Magdalena, que está catalogada. Ademais, as alegacións inciden no aspecto técnico do proxecto ao entender excesivo o movemento de terras planteado e a súa incidencia na topografía da zona e na ausencia de medidas correctoras do impacto que a estación de servizo tería no tráfico.

A veciñanza e o BNG emprenderán agora, seguindo a liña trazada na primeira xuntanza, unha campaña de recollida de apoios a estas alegacións para amosar o rexeitamento veciñal á instalación da gasolineira nunha das zonas de expansión de Betanzos. 

O BNG, pola súa parte, segue estudando o proxecto de cara a elaborar as súas propias alegacións. Neste sentido, o portavoz do BNG animou aos veciños e aos pais a informarse e participar e engadiu que o BNG esta disposto a participar en calquera movemento que sume esforzos para evitar a instalación da gasolineira na zona escolar.

Os nacionalistas volveron a lamentar na xuntanza que os restantes grupos do Concello non informasen aos veciños deste asunto e non se puxeran a disposición da cidadanía para asesoralos. “Faltan ao seu deber de informar á veciñanza como representantes seus que son” indicou del Río, que explicou que a sede do BNG continúa aberta as tardes dos martes e mércores para asesorar á xente sobre este tema.

O BNG achega unha proposta de alegacións á veciñanza da Magdalena