O BNG-AA non asiste a homenaxe a Núñez en apoio aos traballadores do CIEC que non cobran
O BNG recalca que non cuestiona a valía da fundación nin os méritos artísticos do propio Jesús Núñez pero reclama ao Concello máis control nas subvencións e no funcionamiento dunha entidade da que é patrono.
Betanzos, 13 de agosto de 2015. O BNG-Asembleas abertas non acudiu onte ao acto de nomeamento de fillo predilecto de Jesús Núñez en apoio aos traballadores do CIEC que levan meses sen cobrar. Non dubidamos da valía e méritos artísticos de Jesús Núñez, mais non podemos compartir unha homenaxe a unha persoa que ten aos empregados sen cobrar, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. Polo tanto, en solidariedade e apoio a estas persoas non acudimos onte ao acto que se celebrou no Concello para recoñecer como fillo predilecto de Betanzos a Jesús Núñez.
O pasado mes de febreiro trasladamos esta situación ao Pleno do Concello, xa que o Concello está representado no padroado da fundación CIEC, e desde aquelas non só non se solucionou senón que mesmo empeorou a situación segundo nos manifestaron os propios traballadores, informou Del Río.
O voceiro nacionalista indicou tamén que están estudando novas medidas co traballador para que o Concello interveña e poña fin a esta situación. O máis importante para o BNG-Asembleas Abertas son as persoas. Xa trasladamos este tema ao Pleno do Concello, que forma parte do padroado da Fundación CIEC, e seguiremos defendendo aos traballadores, engadiu Del Río.
O BNG recalca que non cuestiona a valía da fundación nin os méritos artísticos do propio Jesús Núñez pero reclama ao Concello máis control nas subvencións e no funcionamiento dunha entidade da que é patrono.