O DOCUMENTO RECOLLE, ENTRE OUTROS COMPROMISOS, A MODIFICACIÓN DO PXOM PARA ORDENAR O CASCO HISTÓRICO, ELIMINAR O VIAL DE INFESTA E GARANTIR O SEU CARÁCTER DE NÚCLEO RURAL
Amelia Sánchez asina o acordo de investidura
O documento foi refrendado pola Asemblea Local e recolle, entre outros compromisos, a modificación do PXOM para ordenar o Casco Histórico, eliminar o vial de Infesta e garantir o seu carácter de núcleo rural
Betanzos, 16 de xuño de 2023. Amelia Sánchez, en nome e representación do BNG, asinou o acordo de investidura de María Barral como alcaldesa. O documento foi refrendado de xeito unánime no día de onte por unha Asemblea Local Extraordinaria
O acordo de investidura alcanzado desenvólvese en varios puntos que prevén a redación do proxecto dos servizos de abastecemento de auga e saneamento e do complexo deportivo do Carregal, valorando a xestión directa do servizo por parte do Concello
Do mesmo xeito, prevé pór fin á organización de actos sexistas por parte da Administración local e ao financiamento de actividades e entidades confesionais, á garantía dos dereitos lingüísticos da veciñanza e a necesaria democratización da Administración local garantindo os estándares de transparencia que a lexislación exixe, a democratización dos medios municipais de comunicación e o remate do reparto de subvencións a dedo
Os compromisos exténdense a un calendario negociador para aprobar en prazo os orzamentos de cada ano e a revisar o PXOM en trámite para asumir as alegacións formuladas polo BNG, entre elas a ordenación do Casco HIstórico e os barrios tradicionais, a supresión do vial de Infesta e o mantemento deste núcleo como un núcleo rural
Unha comisión de seguemento reunirase trimestralmente de xeito ordinario para facer seguemento e verificar o cumprimento destes compromisos por parte da alcaldía
Podes consultar a seguir o documento íntegro do pacto de investidura