500 apoios no primeiro día da recollida de sinaturas contra a gasolineira
O portavoz nacionalista recordou que a decisión última sobre a concesión da licenza é do goberno do PSOE.
O portavoz nacionalista recordou que a decisión última sobre a concesión da licenza é do goberno do PSOE.
Betanzos, 16 de outubro de 2011. O BNG recolleu hoxe na feira preto de 500 apoios ás alegacións en contra da gasolineira a carón do CEIP Vales Villamarín. O portavoz do BNG explicou: “Desde o BNG pensamos que á veciñanza non lle preocupan os cruces de acusacións sobre intereses ocultos entre o PSOE e o PP, senón que queren información clara sobre este tema e o compromiso firme de todos os grupos políticos de que non concederán a licenza para construir unha gasolinera a 50 m escasos do colexio”.
Henrique del Rio: “Hoxe percibimos nos veciños e veciñas unha grande preocupación pola seguridade dos seus fillos e fillas”. En resposta ás declaración do alcalde e da portavoz do PP, Del Río insistiu: “Congratulamonos de que impere o sentido común e de que todas as forzas políticas con representación no concello de Betanzos estemos de acordo neste tema”.
O portavoz nacionalista recordou que a decisión última sobre a concesión da licenza é do goberno municipal: “ Por suposto que o goberno está obligado a darlle tramite e a pedir os informes pertinentes, tanto aos técnicos municipais como á Consellería de Medio Ambiente, pero estos informes en caso de que foran positivos non son vinculantes, a decisión última é do goberno do PSOE”.
Recollida dixital de sinaturas
Ademais de asinar de xeito presencial, as alegacións tamén se poden apoiar asinando virtualmente. Podes facelo premendo neste enlace.