Del Río: “a proposta do BNG pretende garantir a igualdade de oportunidades no acceso aos servizos públicos”
Os nacionalistas condicionan o seu apoio á modificación das taxas a unha distribución das cargas segundo o nivel de renda.
Os nacionalistas condicionan o seu apoio á modificación das taxas a unha distribución das cargas segundo o nivel de renda.
Betanzos, 14 de novembro de 2011. O BNG defenderá mañá no Pleno unha fiscalidade municipal progresiva. Neste sentido, os nacionalistas condicionan o seu apoio á modificación das taxas a unha distribución das cargas segundo o nivel de renda e con bonificacións para os colectivos máis febles economicamente.
Neste sentido, o BNG solicitou que se contemplen bonificacións nos servizos culturais para mocidade e persoas sen emprego. Henrique del Río explicou que cos tributos municipais “tamén se pode facer unha modesta contribución a paliar os efectos da crise”.
Matrícula no Conservatorio por escalóns de renda
O BNG defende que a matrícula no Conservatorio municipal responda a escalóns de renda. Deste xeito, segundo o voceiro nacionalista, estaríase “evitando que poidan quedar fóra o alumnado con menor poder adquisitivo e así garantimos igualdade de oportunidades no acceso aos servizos públicos”.
Taxa polos caixeiros na rúa
O BNG apoiará o cobro dunha taxa ás entidades bancarias que teñen caixeiros na vía pública dado que o goberno local asumiu esta iniciativa nacionalista. “Os tributos municipais sobn un instrumento que ten que servir para redistribuír renda e corrixir desigualdades sociais”.