Un novo número do noso voceiro en todas as casas de Betanzos
Nas súas páxinas recolle a proposta do BNG de cobrarlle o IBI á Igrexa, que en Betanzos contou co voto en contra do PSOE e a dereita.
Nas súas páxinas recolle a proposta do BNG de cobrarlle o IBI á Igrexa, que en Betanzos contou co voto en contra do PSOE e a dereita.
Betanzos, 19 de xuño de 2012. Un novo número do boletín informativo do BNG está a chegar xa a todas as casas de Betanzos. Nas súas páxinas podes consultar a nosa postura sobre a privatización da escola infantil do Carregal ou os motivos polos que o BNG votou en contra dos orzamentos do Estado nas Cortes. Ademais, podes ver as nosas propostas para os orzamentos municipais, as nosas iniciativas sobre as fontes públicas, memoria histórica ou a creación da mancomunidade das Mariñas. Nas súas páxinas recolle a proposta do BNG de cobrarlle o IBI á Igrexa, que en Betanzos contou co voto en contra do PSOE e a dereita e a defensa dos servizos públicos. Aquí podes consultalo en PDF.