O BNG solicita a retirada da bandeira da Unión europea dos edificios municipais
No BNG consideramos que a actitude que está a manter a Unión Europea na crise das persoas refuxiadas só pode ser definida como escandalosa e totalmente inhumana
Betanzos, 17 de marzo de 2016. O BNG-AA de Betanzos vén de solicitar ao Goberno Municipal a retirada da bandeira da Unión Europea dos edificios municipais, en sinal de repulsa á barbarie humanitaria que está a amparar este organismo internacional.
No BNG consideramos que a actitude que está a manter a Unión Europea na crise das persoas refuxiadas só pode ser definida como escandalosa e totalmente inhumana.
Nas últimas datas observamos como se lle entrega unha cuantiosa cantidade económica dos impostos dos pobos integrados na Unión Europea para mercar ao Estado turco, facendo que este peche as súas fronteiras, prohibindo o desprazamento de centos de milleiros de persoas que marchan dunha guerra que foi alentada polo denominado mundo occidental.
Trátase dun mero acto simbólico pero é unha forma de mostrar a nosa repulsa á falta de humanidade que está mostrando a Unión Europea.