O BNG reproba o trato que tanto o goberno do PSOE coma a dereita dan aos empregados publicos

Os nacionalistas cuestionan que “o alcalde alegue que non dá documentación nin respondera as preguntas da oposición escudándose nos técnicos municipais”.

O BNG reproba o trato que tanto o goberno do PSOE coma a dereita dan aos empregados publicos

Os nacionalistas cuestionan que “o alcalde alegue que non dá documentación nin respondera as preguntas da oposición escudándose nos técnicos municipais”.

Betanzos, 6 de febreiro de 2012. O BNG cuestiona o tratamento que PSOE e PP deron aos empregados municipais no último pleno. “PSOE e PP culparon aos técnicos municipais de decisións políticas” aseguran os nacionalistas, que critican que o PP arremeta contra os traballadores do Concello cando os seus informes non se pregan aos intereses da dereita.

O BNG levou ao pleno unha pregunta relativa ao tratamento que os gobernos do PP e o PSOE dan ao persoal municipal. O edil Xosé Vales preguntou polos motivos de que un membro do GRUMIR estea “realizando funcións diferentes ás do seu cargo, concretamente na brigada de obras”. Explicou que “este operario é un dos capataces do GRUMIR, o que xera maiores problemas se cabe na coordinación deste”. Dado que o BNG xa preguntou por un caso semellante o mes pasado, o nacionalista esixiu coñecer o motivo polo que “se seguen dando este tipo de irregularidades na xestión do persoal” sen “buscar ningún tipo de solución”.

O BNG censura que populares e socialistas utilicen aos traballadores municipais coma arma política. “Reprobamos que PSOE e PP culpe aos empregados do Concello de decisións políticas”, indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río. Concretamente, os nacionalistas cuestionan que “o alcalde alegue que non dá documentación nin respondera as preguntas da oposición escudándose nos técnicos municipais”. Para o BNG, isto, ademais, “demostra un descoñecemento do que pasa no Concello por parte do goberno local, xa teñen que contestarlle os empregados as preguntas da oposición”. “No BNG cremos que os empregados municipais non son políticos e non están para valer ao goberno de cada momento, senón que están ao servizo de todos os veciños”, asegura Del Río.

O BNG reproba o trato que tanto o goberno do PSOE coma a dereita dan aos empregados publicos