O BNG pediu que a se revise a decisión do Pleno de incluír a coroa do Borbón no escudo oficial de Betanzos

2020062613425810748

“Hai moitas mostras nas que o escudo de Betanzos non incluía coroa algunha e mesmo o informe do arquiveiro dá diferentes opcións de coroas e desde o BNG pensamos que a opción máis acaída e menos no momentos que corren non é aproveitar para apoiar as accións dos Borbóns”

O BNG pediu que a se revise a decisión do Pleno de incluír a coroa do Borbón no escudo oficial de Betanzos

Betanzos, 30 de xullo de 2020. O BNG pediu que a se revise a decisión do Pleno de incluír a coroa do Borbón no escudo oficial de Betanzos. “No momento en que nos encontramos esta decisión de PP e PSOE PP e PSOE está a lexitimar as actuacións dos Borbóns que está cada vez máis en xuízo polas súas actuacións económicas”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez.

“O PP e o PSOE demostran que seguen instalados no pasado, ao defender a monarquía faga o que faga, pese á acumulación de feitos que poderían ter repercusión penal e os indicios delituosos que se investigan en relación á familia real”, engadiu a portavoz nacionalista.

Do mesmo xeito, PP e PSOE seguen na liña de negarse a crear unha comisión de investigación no Congreso sobre as posíbeis irregularidades fiscais do Rei Emérito, cando a propia Casa Real lle retirou a súa asignación en canto a Fiscalía iniciou a investigación polo cobro de supostas comisións de empresas na construción do AVE de Medina á Meca, en Arabia Saudí.

“Hai moitas mostras nas que o escudo de Betanzos non incluía coroa algunha e mesmo o informe do arquiveiro dá diferentes opcións de coroas e desde o BNG pensamos que a opción máis acaída e menos no momentos que corren non é aproveitar para apoiar as accións dos Borbóns”, concluíu a portavoz do BNG.

“Desde o BNG pensamos que a mellor opción sería o escudo sen coroa como recollen as versións máis antigas e xenuínas do mesmo”, explicou Sánchez, “ademais un símbolo municipal sen coroa tamén e máis inclusivo e representativo das diferentes ideoloxías que conviven en Betanzos”. 

O BNG pediu que a se revise a decisión do Pleno de incluír a coroa do Borbón no escudo oficial de Betanzos