O BNG levará ao Pleno o conflicto do goberno local co persoal laboral municipal
A gran maioría dos problemas de persoal que arrastra o Concello veñen da maioría absoluta do PSOE. O goberno do PSOE non amosa interese en solucionalos.
Betanzos, 19 de abril de 2012. O BNG lamenta o ataque do alcalde á representación dos traballadores municipais. Segundo explicou o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, o alcalde deberíase centrar en resolver os problemas que ten Betanzos e non dedicarse a insultar nin descualificar á representación lexítima dos traballadores municipais. Neste sentido, o BNG lamenta que o representante dun partido que se di socialista e obreiro arremeta contra os sindicalistas por defender a dignidade dos traballadores laborais do Concello, defendendo posicionamentos propios da dereita".
O PSOE négalle ao persoal laboral as axudas sociais excusándose na falta de acordo dos sindicatos cando o certo é que o único organismo que legalmente pode facer propostas para o persoal laboral é o comité de empresa, asegura Del Río. Semella que como non lle gusta a composición d
o comité, o PSOE opta por ignoralo, ironiza. É lamentábel que o goberno anuncie que vai impoñer o seu criterio no reparto destas axudas, ignorando á representación legal e lexítima dos traballadores e facendo o que lle veña en gana, censura o BNG.
É lamentábel que o goberno anuncie que vai impoñer o seu criterio no reparto destas axudas, ignorando á representación legal e lexítima dos traballadores e facendo o que lle veña en gana
Para os nacionalistas, esta actitude trae demasiados ecos da prepotencia con que se comportaba o PSOE cando tiña maioría absoluta na Corporación. O voceiro do BNG, Henrique del Río, indica que precisamente a gran maioría dos problemas de persoal que arrastra o Concello de Betanzos veñen da etapa en que o PSOE tiña maioría absoluta e polo que se ve, o actual alcalde e o seu goberno manteñen a mesma actitude e falta de interese en solucionalos.
Por este motivo o BNG anunciou que levará o asunto ao Pleno, para obrigar ao alcalde e ao goberno do PSOE a dar explicacións sobre o bochornoso espectáculo que é que un alcalde saia na prensa atacando aos traballadores municipais.