O BNG exíxelle ao goberno local que o emprego sexa unha prioridade

O BNG exíxelle ao goberno local que o emprego sexa unha prioridade

"O BNG defende que o Centro de formación ocupacional é unha ferramenta útil para a aprendizaxe de profesións e actividades vinculadas ao Concello de Betanzos e a súa comarca que non teñen cabida no deseño educativo tradicional, debéndose de manter como un servizo público do Concello de Betanzos".

Betanzos, 7 de marzo de 2012. O último número do xornal "Betanzos e a súa comarca", editado pola asociación de comerciantes, recolle nas súas páxinas un artigo do Consello Local sobre o paro en Betanzos e as alternativas que ten o Concello para combatilo. Polo seu interese reproducímolo a continuación de xeito íntegro.

O BNG exíxelle ao goberno local que o emprego sexa unha prioridade

O BNG pensa que o PSOE non está a cumprir o seu compromiso electoral de loita contra o paro, esta é a principal preocupación da xente, pero para o goberno do PSOE non é unha prioridade. Fai pouco o goberno do PSOE publicou nos medios un Plan de Emprego, que contempla só pedirlle cursos a Xunta de Galiza sen contemplar ningunha medida máis. O BNG esixiulle no pleno ao goberno local que explique en que van a consistir esas outras medidas encamiñadas a fomentar o emprego, pero non optivo resposta, o que fai ver que este goberno improvisa e só fai publicidade na prensa.

Segundo os últimos datos oficiais, un total de 1209 betanceiros e betanceiras, con nomes e apelidos, están en situación de desemprego. O paro aumentou no noso Concello un 5,50% no mes de xaneiro deste ano, un total de 63 persoas mais quedaron sen emprego no pasado mes de xaneiro. O BNG agarda que este Plan de Emprego signifique que o goberno local por fin vaia tomar medidas para intentar paliar o grave problema do desemprego no noso Concello. A promoción dos postos de traballo debe ser a prioridade deste Goberno municipal.

O BNG defende que o Centro de formación ocupacional é unha ferramenta útil para a aprendizaxe de profesións e actividades vinculadas ao Concello de Betanzos e a súa comarca que non teñen cabida no deseño educativo tradicional, debéndose de manter como un servizo público do Concello de Betanzos xa que o Concello ten persoal abondo para para asumilo e evitar recorrer a unha empresa privada para contratar estes cursos.

Os concellos tamén teñen ferramentas e competencias para loitar contra o desemprego o igual que o Estado e a Xunta de Galiza gobernadas pola PP, pero o único que están a facer estas e pasar a pelota e mirar para outro lado.

O BNG exíxelle ao goberno local que o emprego sexa unha prioridade