O BNG empraza ao PSOE a opoñerse realmente á privatización da escola infantil
Como xa pasou no tema da gasolineira, é o BNG quen ten que saír a explicarlle as cousas aos veciños porque o goberno local nin está, nin se lle agarda.
Betanzos, 16 de febreiro de 2012. O BNG celebrou hoxe unha charla informativa sobre a privatización da escola infantil do Pasatempo, construída pola Xunta en terreos municipais. O voceiro do BNG, Henrique del Río, exixiu ao goberno local do PSOE que aclare canto vai custar aos veciños a privatización da escola infantil.
Segundo os nacionalistas, o goberno do PSOE non está facendo nada para cumprir o acordo plenario contra a privatización do centro. O BNG insiste en que o goberno do PSOE ten que aclarar cal é a súa postura dado que o que cala, outorga.
seguran que non se pode aprobar unha moción no Pleno para logo non executala.
Como xa pasou no tema da gasolineira, é o BNG quen ten que saír a explicarlle as cousas aos veciños porque o goberno local nin está, nin se lle agarda, censura Del Río.
Pola súa parte, Manuel Parga, voceiro de Benestar do BNG no Parlamento de Galiza, afirmou que o Goberno galego minte ao fixar nun 19% a subida das taxas das escolas infantís porque en realidade, co novo decreto establécese un incremento dun 45% ao pasar de 110 euros a 160 na atención educativa e de 33 a 70 euros (incremento do 112%) no servizo do comedor.
Asemade, o nacionalista cualificou de mazazo para as familias a nova medida do Goberno galego e acusou a Feijoo de mentir por ter afirmado que nunca tocaría os servizos públicos.