O BNG dille ao PP que se preocupe dos problemas dos veciños en vez de pretender "ensinarlle" a facer oposición ao BNG

pechepeirao

Del Río: “Os veciños saben perfectamente que o BNG non ten acordo ningún co PSOE, os únicos que insisten neste tema son os do PP buscando obter un rédito electoral”.

O BNG dille ao PP que se preocupe dos problemas dos veciños en vez de pretender "ensinarlle" a facer oposición ao BNG

Del Río: “Os veciños saben perfectamente que o BNG non ten acordo ningún co PSOE, os únicos que insisten neste tema son os do PP buscando obter un rédito electoral”.

Betanzos, 13 de decembro de 2011. O BNG acusou ao PP de mentir e manipular a realidade coa soa intención de conseguir votos e esixiu unha rectificación pola súa parte. Como xa indicamos no mes de outubro cando avaliamos os 100 primeiros días de goberno do PSOE: “O BNG non ve un cambio significativo con respecto ao mandato do PP. Os nacionalistas censuran que non se aprezan “melloras sensibles” nin na ordenación do tráfico, nin na limpeza viaria nin no coidado do patrimonio. Tamén recalcou que “o goberno do PSOE non está cumprindo o que foron as súas bandeiras electorais, como o coidado do Caso Histórico ou a política de mocidade”.

O BNG cualificou a actitude do PP “mal perdedor” pola actitude que está tomando. Neste sentido, asegurou que “o PP non goberna porque non tivo a maioría absoluta, non por culpa do BNG”. “O BNG non é responsábel do goberno, senón os veciños cos seus votos, que decidiron os seus representantes”, insistiu,  como tamén xa indicaramos no mes de outubro e bastantes veces máis ao longo deste mandato. “Os veciños e as veciñas saben perfectamente que o BNG non ten acordo ningún co PSOE, os únicos que insisten neste tema son os do PP buscando obter un rédito electoral”.

O BNG fixo nesta lexislatura unha oposición construtiva fronte á destrución e electoralismo do PP

O BNG fixo nesta lexislatura un traballo serio facendo diferentes propostas para mellorar a calidade de vida dos veciños de Betanzos: subirlle as taxas aos bancos e cobrar por telefonía móbil e caixeiros na rúa, construír un espazo cuberto na escola infantil para os carros dos nenos, por suposto, sempre axudando aos veciños e as veciñas, como no caso das alegacións á gasolineira da Madalena en que tanto o PP como o PSOE se posicionaron tarde e non informaron nin se puxeron a disposición dos veciños e veciñas.  Para que poidamos comparar, Del Río citou as últimas iniciativas do PP: criticar a seguridade das pontes de madeira que eles mesmos contrataran ou a “pataleta” sobre de quen foi a proposta da festa da tortilla.
 

O BNG dille ao PP que se preocupe dos problemas dos veciños en vez de pretender "ensinarlle" a facer oposición ao BNG