O BNG cuestiona que o PSOE mantivese nunha situación de provisionalidade o GRUMIR por 20 anos
Está claro que O BNG defende os servizos públicos e o emprego de calidade, polo que estamos en contra dunha posíbel ou eventual externalización do servizo.
Betanzos, 7 de marzo de 2012. O BNG saíu ao paso do anuncio, por parte da CIG, de accións diante do despedimento do persoal do GRUMIR. Os nacionalistas, como recorda o portavoz municipal, Henrique del Río, xa advertimos de varias situacións e usos irregulares do GRUMIR que o goberno do PSOE non o amañou. Neste sentido, desde o BNG recordan que un informe do secretario de xa hai tempo advirte do problema que agora se está a dar no GRUMIR.
Era visto que ían denunciar, nós xa o advertimos, sinalan desde o BNG. Está claro que nós defendemos os servizos públicos e o emprego de calidade, polo que estamos en contra dunha posíbel ou eventual externalización do servizo, asegura o voceiro nacionalista.
Porén, desde o BNG cuestionan que o PSOE mantivese nunha permanente situación de provisionalidade o GRUMIR ao longo de 20 anos. Defendemos que se cumpra a lei de función publica no acceso ao emprego publico: igualdade, mérito e capacidade e dubidamos que no concello de Betanzos se fixera sempre así, indica Del Río, que recorda que no pasado verán aínda o BNG tivo un enfrontamento co PSOE polos métodos de selección de persoal que empregan.