Satisfeitas tras comunicar a Consellaría de Educación que recúa na súa intención de deixar sen cubrir varias prazas de docentes

IEs As Mariñas
IEs As Mariñas

O BNG felicitou á comunidade escolar polo resultado da súa mobilización en defensa do ensino público

“Estamos contentas de poder ter contribuído co noso gran de area a frear esta agresión ao ensino público por parte da Xunta do PP”

Betanzos, 22 de setembro de 2017. O BNG amosou a súa satisfacción tras comunicar a Consellaría de Educación que daba marcha atrás na súa intención de deixar sen cubrir varias prazas de docentes nos IES As Mariñas e IES Francisco Aguiar. “Estes centros acollen educación secundaria obrigatoria, de adultos, bacharelato e ciclos formativos, polo que este recorte da Xunta do PP ía afectar a todos os segmentos do alumnado” indicou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

“Polo que sabemos, o PP rectificou e o IES As Mariñas terá docentes para os 119 alumnos que quedaban sen profesorado, xa que contará con dous profesores máis e un terceiro compartido co IES Francisco Aguiar”, explicou o edil do BNG. “No IES Francisco Aguiar, polo que sabemos, este profesor a medias reforzará a área de orientación como profesor de pedagoxía terapéutica” engade.

“Se algo nos amosa isto é que moverse en defensa dos nosos dereitos funciona”, explica Del Río. O BNG felicitou á comunidade escolar polo resultado da súa mobilización en defensa do ensino público. “Estamos contentas de poder ter contribuído co noso gran de area a frear esta agresión ao ensino público por parte da Xunta do PP”, engaden. As nacionalistas presentaron unha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza e mais no Concello de Betanzos a fin de demandar unha rectificación por parte da Xunta, tras recabar datos dos propios centros, das ANPAs e mais de CIG-Ensino.