Demandamos ao goberno local que actúe fronte os verquidos aos ríos

Un detalle do verquido na zona do porto
Un detalle do verquido na zona do porto

O pasado día 20 de decembro produciuse un desde a depuradora municipal” explicou o edil nacionalista trasladando testemuños da veciñanza da Ribeira, segundo os cales durante os últimos días do mes de decembro puideron verse manchas na ría, con vertidos de augas fecais

Demandamos ao goberno local que actúe fronte os verquidos aos ríos

O pasado día 20 de decembro produciuse un desde a depuradora municipal” explicou o edil nacionalista trasladando testemuños da veciñanza da Ribeira, segundo os cales durante os últimos días do mes de decembro puideron verse manchas na ría, con vertidos de augas fecais

Betanzos, 15 de febreiro de 2017. O BNG demandou no Pleno que o goberno local persiga os verquidos de augas industriais á ría e mais á rede municipal de saneamento. O voceiro do BNG, Henrique del Río, trasladou ao Pleno as queixas recibidas sobre diferentes verquidos á ría. “O pasado día 20 de decembro produciuse un desde a depuradora municipal” explicou o edil nacionalista trasladando testemuños da veciñanza da Ribeira, segundo os cales durante os últimos días do mes de decembro puideron verse manchas na ría, con vertidos de augas fecais.

Desde o BNG lembran que o goberno local prometeu actuacións e máis de dous meses despois, estas seguen sen verificarse. O portavoz nacionalista criticou que os verquidos se produzan de maneira constante, sen que conste ningunha xestión por parte do goberno local. “Todo o que dixeron era que mirarían de facer algo se as administracións competentes, así en abstracto, facían informes e os remitían ao Concello”, relata Del Río. “Pero é que a rede municipal de saneamento e a depuradora municipal son competencia directa do Concello e non precisan de máis informes, e tampouco actúan”, indica.

“Temos a sensación de que existe barra libre para os verquidos contaminantes na ría en función de onde se orixinen”, ironizan desde o BNG, que recordan que exceptuando o verquido desde a depuradora do 20 de decembro os outros verquidos detectados na ría e na rede de sumidoiros municipal proviñan do polígono de Piadela.

No BNG entenden que “o PSOE decidiu mirar para outro lado mentres se verte a cano á ría” cando debería “sancionar para que estes atentados contra a saúde e o medio ambiente non se repitan máis”.