O BNG reclamou no Pleno o amaño das pistas deportivas da Condesa

Outro detalle da pista deportiva da Condesa
O BNG reclamou no Pleno o amaño das pistas deportivas da Condesa

“Non exixe ningún investimento desorbitado nin traballos complexos desde o punto de vista técnico”.

Betanzos, 30 de agosto de 2013. O BNG levou ao Pleno o malestar da mocidade da Condesa polo estado en que se atopa a pista deportiva do barrio. Segundo explicou a concelleira María Otero, o pavimento “levantado e rebentado” e as silvas que se meten na pista desde unha finca colindante impiden “que os mozos poidan practicar deporte na pista en condicións normais”.

Por este motivo, desde o BNG reclamaron ao goberno do PSOE por que mantén a pista nesta situación xa que “non exixe ningún investimento desorbitado nin traballos complexos desde o punto de vista técnico”. Reclaman ao goberno local que solucione de inmediato esta situación, que dificulta o uso do único equipamento de lecer nun barrio con máis de tres mil veciños.

Os nacionalistas insisten, ademais, en que “xa que o goberno local non ten ningunha proposta en canto a fomento do deporte afeizoado e de lecer para a mocidade, cando menos debera ter as pistas deportivas en condicións normais de uso”. O voceiro nacionalista, Henrique del Río, lamentou, ademais, que o goberno municipal do PSOE manteña o parque situado na parte traseira do barrio, nas mesmas condicións de abandono que antes lle criticaba ao PP e “cun perigo certo de incendio a carón das vivendas”.

O BNG reclamou no Pleno o amaño das pistas deportivas da Condesa