Imprimir

Presentamos a candidatura das municipais nun acto no Matadeiro

bngbetanzos | 24 de abril de 2019

Del Río: “Este é o goberno que Betanzos precisa para construír unha cidade digna e orgullosa do seu pasado, que poñendo en valor o seu patrimonio e os sectores produtivos nos permita vivir e traballar na nosa comarca”

Del Río: “Este é o goberno que Betanzos precisa para construír unha cidade digna e orgullosa do seu pasado, que poñendo en valor o seu patrimonio e os sectores produtivos nos permita vivir e traballar na nosa comarca”

Betanzos, 20 de abril de 2019. O BNG celebrou esta tarde no edificio do antigo Matadeiro no barrio da Ribeira en Betanzos un acto público de presentación da súa candidatura para as eleccións municipais. No acto interveu a número 3 da candidatura de Betanzos Vanessa Rey, a candidata número 2 ao Congreso na provincia da Coruña, María Xosé Bravo, e o candidato á alcaldía de Betanzos, Henrique del Río. No acto estiveron arroupados por candidatas e candidatos doutros concellos da comarca.

“O Estado tivo castigado o barrio da Ribeira no que medrei a sufrir inundacións continuas por negarse a financiar unha obra que como vimos non tiña maior complicación que comprometerse a financiala”, indicou Vanessa Rey.

O candidato empezou o seu discurso facendo referencia a Castelao para afirmar que “o nacionalismo é o antídoto contra o fascismo”. A súa intervención centrouse nas necesidades de Betanzos e a súa comarca como “a rexeneración da Ría ou a seguridade viaria na N-VI que necesitamos ter voz propia para poder defender en Madrid”, engadiu Del Río.

“Este é o goberno que Betanzos precisa para construír unha cidade digna e orgullosa do seu pasado, que poñendo en valor o seu patrimonio e os sectores produtivos nos permita vivir e traballar na nosa comarca”, engadiu del Río, quen concluíu animando a todas as persoas asistentes a unirse ao BNG para facer real o cambio que Betanzos precisa. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/presentamos-candidatura-das-municipais-nun-acto-matadeiro/20190424091242003417.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Betanzos

Bloque Nacionalista Galego

Travesía da Torre, nº2, 1º
15300 Betanzos (GALIZA)
Teléfono: +34981776466
Correo: betanzos@bng.gal