Ceder terreo municipal para cultivo a persoas sen emprego

Ceder terreo municipal para cultivo a persoas sen emprego

O Concello ten varios milleiros de metros cadrados de solo a monte en Tiobre- os comprara o goberno do PSOE para facer un macrocomplexo deportivo. Ten tamén un centro de formación con monitores de xardinería. Mantendo a propiedade municipal, ceder unha porción destas terras e ofrecer formación especializada para persoas sen emprego é unha alternativa para crear emprego no sector agrario.