Presentamos emendas ás contas da Xunta para incluír fondos para o Pasatempo

Concentración demandando a segregación do aulario
Concentración demandando a segregación do aulario

O BNG pediu, ademais, 200 000 euros para reconvertir o antigo ambulatorio nun centro de saúde, 100 000 para mellorar o centro de saúde e dotalo de persoal suficiente e 180 000 para facer do aulario un centro independente.

As emendas do BNG buscan garantir o investimento no Casco Histórico.

Presentamos emendas ás contas da Xunta para incluír fondos para o Pasatempo

Presentamos emendas ás contas da Xunta para incluír fondos para o Pasatempo

O BNG pediu, ademais, 200 000 euros para reconvertir o antigo ambulatorio nun centro de saúde, 100 000 para mellorar o centro de saúde e dotalo de persoal suficiente e 180 000 para facer do aulario un centro independente.

As emendas do BNG buscan garantir o investimento no Casco Histórico.

Betanzos, 22 de novembro de 2018. O BNG pediu 600 000 euros para a rehabilitación do Pasatempo nas súas emendas aos orzamentos da Xunta. "Se hai 15 días conseguiamos o acordo unánime do Parlamento para axilizar a declaración de BIC e comprometer a Xunta a actuar no Pasatempo, é o momento de pasar das palabras aos feitos e que o goberno galego poña a súa parte", indicou o voceiro do BNG, Henrique del Río. "Pedímoslle á Xunta que asuma exactamente o mesmo compromiso que asumiu a área de Patrimonio da Deputación, 600 000 euros, tendo presente que para o goberno galego é un esforzo cuantitativamente inferior", explica.

"O BNG está facendo todo o posíbel por conservar o Pasatempo", explicou Henrique del Río. "Tomando a iniciativa desde a Deputación ante a pasividade do goberno local e acadando un acordo de todos os grupos no Parlamento para poñer por escrito por vez primeira cal é o compromiso que a Xunta asume con respecto ao Pasatempo", engadiu. "É hora de traducir agora a cartos ese compromiso que o goberno galego asume co parque, os orzamentos son o momento, hai que corrixir que non haxa fondos para o Pasatempo", asegurou.

Neste sentido, as nacionalistas presentaron outra emenda cun claro obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico de Betanzos. "Pedimos cinco millóns de euros para rehabilitar vivenda en tres centros históricos, entre eles o de Betanzos", explica o portavoz do BNG. "O Rexurbe non ten a dotación suficiente para asumir os anuncios do PP, porque tocan para toda a provincia da Coruña 3,08 millóns e o PP xa anunciou 2 para Betanzos e 2,5 para Ferrol" explica. "Así que queremos garantir fondos suficientes para non ter paradas outros 10 anos as casas da XUnta no Casco Histórico e axudarlles a cumprir o que anuncian", ironiza.

Un centro de día no antigo ambulatorio, mellora do centro de saúde e novo colexio

O BNG pediu, ademais, 200 000 euros para reconvertir o antigo ambulatorio nun centro de saúde. "É un compromiso da Xunta desde hai unha década, unha carencia en toda a comarca e unha traxedia ter a caer un edificio público coma ese porque tres administracións non se poñan de acordo para mellorar a nosa calidade de vida", explica Del Río. "Mentres o goberno local está colocándose xa para xustificar que o goberno español volva negarse a ceder o edificio, nós cremos que é o mellor sitio polo emprazamento, comunicacións, configuración e por reaproveitar un edificio público sen uso", explica.

O BNG reitera, ademais, a súa emenda de segregar o aulario do Vales Villamarín e convertilo nun centro independente. "A dimensión e a configuración do colexio, o segundo máis masificado do país, complica innecesariamente a xestión, segregalo e facilitala é mellorar o ensino público", relatan.

Ademais, as nacionalistas reclaman outros 100 000 euros para mellorar o centro de especialidades de BEtanzos, cubrindo as baixas, vacantes e permisos do persoal para evitar que quede desatendido e obrigue a derivar pacientes á Coruña.