O BNG propoñerá no Pleno solucións para a situacion do persoal da escola infantil

A escola infantil municipal
A escola infantil municipal


“Contratar en acumulación de tarefas ou a insubmisión ás leis do PP son dúas opcións válidas”.
“En 2011, cando arranca este problema, non existían as leis dos recortes do PP, pero o PSOE optou por manter o servizo precarizado, con contratos temporais en base a unhas listas de substitución en lugar de estabilizar o cadro docente”.

O BNG propoñerá no Pleno solucións para a situacion do persoal da escola infantil

“Contratar en acumulación de tarefas ou a insubmisión ás leis do PP son dúas opcións válidas”.

“En 2011, cando arranca este problema, non existían as leis dos recortes do PP, pero o PSOE optou por manter o servizo precarizado, con contratos temporais en base a unhas listas de substitución en lugar de estabilizar o cadro docente”.

Betanzos, 11 de outubro de 2016. O BNG demandará no Pleno que se cubra a baixa na escola infantil municipal de San Francisco. Neste sentido, entenden que resulta “gravísimo” que se continúen a incumprir as ratios legais sobre a proporción de docentes e coidadoras por alumnado. “Isto exixe xornadas de máis horas ao cadro docente e un maior sobreesforzo para atender un numero de meniños superior, o que incide directamente na calidade do servizo, que se resinte, e pode ter implicacións aínda maiores”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Por este motivo, desde o BNG achegan ao executivo local algunhas solucións para a situación “insostíbel” que atravesa a escola infantil municipal, a dicir das propias traballadoras. Neste sentido, as nacionalistas suxiren ao goberno local que opte por opcións como a acumulación de tarefas para cubrir a baixa existente no cadro de persoal.

Contratar en acumulación de tarefas ou a insubmisión ás leis do PP son dúas opcións válidas

Para as nacionalistas outra opción é que o Concello opte pola insubmisión á normativa imposta polo goberno do PP no Estado. “Se o PSOE se decanta por cubrir a baixa cunha nova contratación e amosa con feitos que está pola defensa dos servizos públicos teranos ao seu lado”, anunciou Del Río.

As nacionalistas recordan que o executivo do PSOE optou contratar persoal en prazas non previstas na RPT cando contratou á patroa para a embarcación municipal. “Neste caso non é un luxo, a escola infantil é un servizo esencial para a vida cotiá, así que se o PSOE amosa a mesma rebeldía terá o noso apoio”, engade o edil nacionalista. “E supoñemos que o PP tamén o respaldará, porque non tería sentido que exixa facer contratacións e logo non as apoie”, ironiza.

Problemas que veñen desde 2011

Desde o BNG recordan que os problemas sobre a cobertura de baixas e vacantes na escola infantil de San Francisco veñen desde o 2011, cando o PSOE recupera o goberno local. “Naquela altura non existían as leis dos recortes do PP, pero o PSOE optou por manter o servizo precarizado, con contratos temporais en base a unhas listas de substitución en lugar de estabilizar o cadro docente” explica Del Río.

“Aínda en 2012, sen as leis do PP, propuxemos que se regularizase todo o persoal laboral do Concello no marco das negociacións do orzamento”, recorda o portavoz do BNG. “Non pode considerarse laboral temporal xente que leva décadas ao servizo do Concello, e en consecuencia propoñiamos regularizalo como laboral fixo a través do proceso oportuno, e deste xeito a baixa que hai hoxe non tería ningunha complicación para cubrirse”, indica. “Mais o conto foi que o PSOE se negou a acometer esta regularización e en consecuencia, por este e outros motivos, o BNG non apoiou aquel orzamento”, recorda.

O BNG propoñerá no Pleno solucións para a situacion do persoal da escola infantil